CHARLA SOBRE CICLISMO DESDE DIFERENTES PERSPECTIVAS

Alumnado de distintos cursos da ESO asistiu a unha charla sobre ciclismo enmarcada dentro de Proxecto de Mobilidade sostible e segura que temos no instituto.
Ezequiel Mosquera (antigo ciclista e actual organizador de carreiras), Gustavo Veloso (antigo ciclista e actual director deportivo) e Delio Fernández (ciclista profesional
en activo), falaron da súa traxectoria persoal e responderon a todas as preguntas e curiosidades do alumnado.




Advertisement

CHARLAS SOBRE PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DE TRÁFICO

Esta mañá, da man de AESLEME (Asociación pola prevención de accidentes de tráfico e ONG de atención a vítimas de accidentes.), o alumnado da ESO recibiu dúas charlas moi interesantes; “SEGURO POLA TÚA CIDADE” e “SE CONTROLAS VOLVES”. Son campañas de “Mobilidade segura e saudable”encamiñadas a que os mozos coñezan os riscos e as consecuencias dalgunhas condutas imprudentes e están enfocadas desde a empatía, a educación en valores e a resiliencia. Abordáronse temas moi interesantes relacionados coa Seguridade viaria: factores de risco (peóns, ciclistas, pasaxeiros, usuarios de ciclomotor, bicicleta ou patinete eléctrico) e medidas preventivas (uso de casco e cinto), actuación en caso de accidente e consecuencias dos accidentes entre outras.

COÑECENDO A MOVILIDADE ADAPTADA

Actividades para conmemorar o día internacional das persoas con discapacidade.

Este ano para conmemorar o 3 de decembro, unha data tan sinalada para nós, contamos con ENKI, unha asociación que traballa na construción dunha sociedade mellor incidindo na inclusión a través do deporte.

O alumnado da ESO puido realizar unha serie de actividades moi interesantes organizadas en forma de ximcana, e na que puideron experimentar os desprazamentos en bicicletas adaptadas. Unhas veces coma condutores e outras como pasaxeiros. Tamén desprazamentos en cadeiras de rodas. Unha xornada moi enriquecedora.

AS REDES SOCIAIS DA DXT PUBLICAN O RECOÑECEMENTO AO NOSO IES

A Dirección Xeral de Tráfico no seu canal de Twitter publicou a entrega da acreditación Stars por promover os desprazamentos sostibles ao IES Xograr Afonso Gómez.

LEMBRANDO NORMAS DE USO DO PATINETE ELÉCTRICO

Como xa sabedes, as normas de uso do patinete cambiaron hai uns meses, non está de mais refrescar a normativa e actualizar coñecementos.

Outro aspecto fundamental na seguridade é o casco. Sabes que requisitos debe cumprir un casco?

Para que esté homologado debe cumprir unha serie de características e adenáis debemos levalo ben posto. Dous dedos por enriba das cexas e ben atado, de forma que non se baixe.

COMEZO DO SISTEMA DE PRÉSTAMO DE BICICLETAS

Desde hoxe mesmo o alumnado poderá solicitar, de forma gratuíta, o préstamo dunha bicicleta (e casco se non o posúe) por un mes e renovable en función da demanda e da disponibilidade.

O único requisito é firmar, tanto o/a alumno/a coma o seu titor/a legal, a documentación e as normas referentes ao sistema de préstamo.

Aquí tedes o enlace á información.

Fai clic para acceder a FUNCIONAMENTO%20DO%20SERVIZO%20DE%20PR%C3%89STAMO%20DE%20BICICLETAS%20DO%20IES%20XOGRAR%20AFONSO%20G%C3%93MEZ.pdf

Anímate a probar!

O IES RECIBE A ACREDITACIÓN PRATEADA STARS

Grazas ao traballo realizado ao longo dos últimos dous anos en prol do fomento da mobilidade sostible, o centro ven de recibir unha distinción por parte da DXT (Dirección Xeral de Tráfico).

Neste acto, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Dna. Isabel Rodríguez fixo entrega dunha placa ao noso director, José Manuel Valcarce.

Noraboa a alumnado e profesorado e a seguir realizando desprazamentos activos.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/sarria/2022/10/11/ventajas-ir-bici-colegio-despejado-clase-mejore-forma-fisica/00031665488825392283647.htm?utm_source=facebook.com

https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/ies-xograr-recibe-premio-programa-movilidad-sostenible/202210121710541607668.htm