Todo un éxito!

Despois das fresas, no  Xograr,  gozamos de plátanos,  kiwis, mazás e laranxas á hora do recreo. Un pracer, coa fame que temos a esas horas e o ricas que están. Sobre todo as mazás,  ao dez minutos houbo que repoñelas!!!
Pero non todo é comer: en clase investigamos cales son as froitas de tempada, as súas propiedades nutritivas… Deixámosvos como mostra,  imaxes dos murais realizados por alumnos de diversificación curricular.
Hai que agradecer a implicación do alumnado para preparar a froita, e o traballo do equipo de reporteiras de 2º ESO A.

Hoxe no recreo….amorodos!

Durante esta semana, o Xograr Afonso Gómez distribúe de forma gratuíta distintos tipos de froitas (fresas, plátanos, laranxas, mazás e kiwis) durante os recreos. Esta iniciativa do Centro, que busca potenciar hábitos alimenticios saudables, enmárcase dentro do “Plan de consumo de froita nas escolas” impulsado polo Fogga (Fondo Galego de Garantía Agraria) e financiado pola Unión Europea. O obxectivo deste programa é potenciar o consumo de froitas entre o alumnado levando a cabo acciones educativas destinadas a manter e fomentar o consumo de froitas.

Na súa posta en marcha participa un numeroso grupo de alumnos, que coordinados pola vicedirección e o departamento de Ciencias Naturais, e despois de elaborar fichas informativas coas propiedades nutricionais dos produtos, lavan, preparan e reparten a froita.

Non hai nada mellor para promocionar o consumo  de froita nas escolas que poder comela á hora do recreoCo rica que está e a fame que temos a esas horas!
Hoxe, no Xograr tiñamos amorodos , e pola cara que ten todo o mundo, debían estar ben boas. Ou non?

O pase de diapositivas require JavaScript.

Ademais nas aulas estanse levando a cabo traballos para coñecer as propiedades da froita e promocionar unha alimentación saudable. Xa vos iremos contando.