MÓVETE AO SON DA MÚSICA NOS LECERES DO XOGRAR

Sabendo que o alumnado, dende que comeza a súa xornada diaria e ata que abandoa o instituto, pasa moitas horasClip sentado, os Departamentos de Música e Educación Física ofertan  unha alternativa de ocio para ocupar os tempos de lecer de  xeito máis activo, lúdico e saudable. Para elo, un grupo de alumnos (coordinados pola vicedirectora do centro)  poñen  música a través do fio musical do centro, nos tempos de lecer,  que serve  de soporte para levar a cabo distintas actividades coma: aprendizaxe e práctica de danzas do mundo, bailes de salón, rodaxe de videos musicais, montaxe de Coreografías e práctica de Aeróbic, Step, e outras actividades rítmicas.

Como mostra do traballo que se está a realizar deixamos un par de  videos  dos  ensaios.

Advertisement

Tamén en Maio temos froita no recreo

A semana pasada de novo distribuíuse froita de tempada entre o alumnado do “Xograr”.  Nesta ocasión puidemos gozar de amorodos,  melón,  mazá, pexego e plátano.
Moitos dos nosos alumnos, como podemos ver nas imaxes,  substituíron a bollería industrial por estas saudables tentacións.

Queremos dar as gracias as nosas repoteiras Luissanna y Cacielly de 4º de ESO e a todo o alumnado que  posou para nós.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Concurso Clases sen fume

As clases de primeiro e segundo de ESO estiveron traballando intensamente para participar no concurso organizado pola Consellería de Sanidade  Clases sen fume. O resultado foron  uns excelentes vídeos -na nosa opinión- que non debemos mostrarvos ata que se falle o concurso.
Para abrir boca, deixamos algunha foto do seu contido.

Clases sen fume…

Banner-CSF_2009

O pasado martes 30 de abril tivo lugar no Salón de Actos do centro unha charla sobre os efectos nocivos do tabaco na que participaron alumnos de ESO.
A actividade correu a cargo de Esperanza Otero Vázquez e Sara Xusto Vicente, do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas da Xefatura Territorial de Sanidade.
Tamén se realizaron Coximetrías a varios alumnos e alumnas para medir os niveis de fume no pulmón.
Esta actividade encádrase dentro do proxecto Clases sen fume do Plan Proxecta.