O Xograr Móvese Máis

Como mostra de que as actividades rítmicas de expresión están ao alcance de todas as persoas, con independenza do seu nivel de de destreza e condición Física, e de son un xeito extraordinario de pasalo ben, de forma saudable, aquí os deixamos o video O Xograr Móvese Máis no que particparon alumnos, profesores e persoal da administración e servizos do centro.

Advertisement

Acrosport e bailes de salón nos leceres do Xograr

Clip_2Os leceres do Xograr continúan dando moito de sí.  Se o mes de maio adicouse ao acrosport,  en xuño estase a levar a cabo un Obradoiro de Bailes de Salón, no que están a participar numerosos alumnos. O pasado xoves o obradoiro contou coa colaboración de catro alumnos do centro, os cales, nun primeiro momento deixaron patente a súa maestría e posteriormente achegaron a súa afición a outros alumnos.

Aquí deixamos un video para os que non podestes acudir.

Enquisa: Plan de consumo de froitas nas escolas

Como sabedes, no curso 2012/13 nos incorporamos ao Plan de consumo de froitas nas escolas  que, subvencionado con fondos europeos, pretende incidir nos bos hábitos alimentarios do alumnado de ESO.

A través da seguinte  enquisa, queremos coñecer a túa opinión sobre esta iniciativa.

Resposta as preguntas propostas. Algunhas  son para valorar de 1 a 5 ,  sendo 1 o mínimo e 5 o máximo. Outras son para respostar sen máis.

Enquisa

Grazas pola túa colaboración.

Que se acaban!

Nesta  primeira semana de xuño,  ao saír ao recreo, ímonos preguntando: que froita tocará hoxe?
Puidemos gozar de melón, mazá, pexego fresas e cereixas. Todas moi apetecibles para repor forzas en épocas de exames finais. Pero tiñamos que darnos présa porque enseguida acabábanse!!!
Agora que remata o Plan de consumo de froita nas escolas, queremos agradecer a todos a colaboración: lavando e preparando as froitas, facendo fotografías, carteis, mantendo limpo o centro…