Acrosport e bailes de salón nos leceres do Xograr

Clip_2Os leceres do Xograr continúan dando moito de sí.  Se o mes de maio adicouse ao acrosport,  en xuño estase a levar a cabo un Obradoiro de Bailes de Salón, no que están a participar numerosos alumnos. O pasado xoves o obradoiro contou coa colaboración de catro alumnos do centro, os cales, nun primeiro momento deixaron patente a súa maestría e posteriormente achegaron a súa afición a outros alumnos.

Aquí deixamos un video para os que non podestes acudir.

Advertisement