COMEZOU O PLAN DE CONSUMO DE FROITAS

O luns 17 de marzo comezou no noso centro o PLAN DE CONSUMO DE FROITAS.  Durante  toda a semana, na entrada principal , houbo  froita  para que o alumnado  poidera  recuperar forzas dunha forma deliciosa e saudable.

Como novidade, este curso, aproveitamos o plan para propoñer a lectura de libros nas distintas linguas que estudamos e que leven a froita no seu título.

Desexamos que acade o mesmo  éxito que o curso pasado, aínda que os nosos reporteiros dín que a xente colle rápido a froita, pero escapando da cámara. Mirade que sodes vergoñentos…..

O pase de diapositivas require JavaScript.

Advertisement

QUERES APRENDER DIFERENTES DANZAS DO MUNDO?

Ao longo do mes de abril practicaremos nos recreos dos mércores e dos xoves danzas populares de Países tan dispares como Rusia, Israel, Arxentina, Austria, USA,…

Se queres facer exercicio, aprender cousas novas, coñecer outras culturas e divertirte ven nos recreos ao ximnasio do Xograr.

bailes do mundo

Algunhas das danzas que practicaremos serán:

–        A Troika (Rusia)

–        A danza dos sete saltos (Dinamarca)

–        Zemer Atik (Israel)

–        A danza da Cruz (Polonia)

–        Oh Susana (USA)

–        A danza dos sete pasos (Austria)

–        Break Mixer (USA) …

                                          PARTICIPA E MÓVETE+ !

Salsa nos recreos do Xograr

Rematou a quincena da salsa, que finalmente ampliouse unha semana máis grazas ao gran interés que espertou entre os participantes.

As alumnas do ciclo Lara Fonteboa e Mitchelle impartiron de forma maxistral seis sesións nas que todos os asistentes (todas mulleres excepto un alumno) disfrutaron ao máximo dunha coreografía de salsa atrevida e moi completa.

A música utilizada fundamentalmente foi a canción de Marc Anthony “Vivir mi vida” e podemos asegurar que nos vivimos seis recreos con moito ritmo.

Grazas a Lara e a Mitchelle por todo o que nos ensinaron e grazas aos participantes por “darlle vida ao instituto”.

Mirade o titorial de coreografía que aportou Lara .