O martes 29 de abril foi o último día que adicamos o recreo para ensaiar danzas do mundo. Como colofón contamos coa colaboración final de cinco profesoras do instituto; Rosa Porto e Marcela Ríos (Francés), Sandra Minchinell (Inglés), Beatriz Ovalle (Matemáticas) e Eva María Pardeiro (Bioloxía) que ensinaron e bailaron A Danza de Bruselas. Esta foi a última danza das bailadas nos recreos e nas clases.
Durante varias semanas percorrimos diferentes países e continentes, disfrutamos das súa música e tradicións e agora estamos dispostos a seguir viaxando e aprendendo sen perder o ritmo.
Aquí van os vídeos dalgunha desas danzas; A Danza da Cruz (Polonia), Simama Kaa (Tanzania), e A Danza de Bruselas.
Grazas a todos e todas por participar e en especial, grazas as profesoras citadas anteriormente por unirse a nós e aportar cousas novas.