CINE EN CURSO: AERÓDROMO CHÁ

Un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de bacharelato do Xograr, no marco do Plan Proxecta, participaron no programa “Cine en curso”. Deixamos aquí algunhas imaxes do seu traballo na Terra Chá luguesa, xunto cun vídeo dunha entrevista realizada e o resultado final do seu traballo.

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

FESTIVAL FIN DE CURSO

O día 20 de xuño tivo lugar o festival de fin de curso, nel alumnos/as, profesores/as, persoal non docente e pais e nais dos rapaces disfrutamos dun fermoso espectáculo.

Lara Fonteboa (alumna do Ciclo de Atención a Persoas con Dependencia) e componente do dúo Novedad, deleitounos con dúas cancións. Rapazas de 2º, 3º e 4º de E.S.O realizaron unha coreografía montada por as irmás Ruth Darisa e Dara Emilia Jiménez Sánchez. Ese grupo de alumnas bailaron tamén cun grupo de profesores/as e alumnos do centro A Danza de Bruselas.

Por último na actuación final do festival bailamos conxuntamente profesores, alumnos e pais.

 Aquí deixamos os vídeos e felicitamos e agradecemos a todos os asistentes a súa participación.

RAP DO XOGRAR

 

 O alumno do ciclo de Atención a persoas con dependencia David Vázquez Batán, coñecido polo seu nome de batalla “El Baty”, animouse a crear o Rap do Xograr. Outros rapaces que colaboraron aportando ideas foron os alumnos da E.S.O David Rodríguez González e Wilton Felipe De Sousa Barbosa. Grazas a todos e ahí vai o audio “ XogRap” editado polo noso orientador Evaristo Pardeiro.

RAP DO XOGRARRAP 1º CICLO

RECREOS DE CINE

música de cineOs últimos días do curso, o alumnado de 3º de ESO quixo que a música nos leceres  fora  “de cine”. Poidemos escoitar  Amelie,  El rey león,  Desayuno con diamantes, El piano, Carros de fuego, Candilejas,  La pantera rosa……………….

Deixámosvos un PDF coa longa lista da música coa que nos fixeron disfrutar.

RECREOS DE CINE EN XUÑO

Froitas tamén en xuño

Para despedir  o Plan de Consumo de froita, a semana pasada, tivemos no hall á nosa disposición mazás, plátanos, pexegos, cereixas e amorodos. Coma sempre, co noso cartel personalizado: esta vez con Miriam e Cristina que se prestaron a facer a foto na semana do mes de maio. Aínda que os destinatarios deste Plan son os alumnos e alumnas da ESO, vemos nas fotos a algún alumno de 2º de bacharelato que repoñía forzas para preparar as PAU, e algún profe que non se poido resistir…(hai máis pero non queren saír na foto).

Desexamos repetir o vindeiro curso!!