Froitas tamén en xuño

Para despedir  o Plan de Consumo de froita, a semana pasada, tivemos no hall á nosa disposición mazás, plátanos, pexegos, cereixas e amorodos. Coma sempre, co noso cartel personalizado: esta vez con Miriam e Cristina que se prestaron a facer a foto na semana do mes de maio. Aínda que os destinatarios deste Plan son os alumnos e alumnas da ESO, vemos nas fotos a algún alumno de 2º de bacharelato que repoñía forzas para preparar as PAU, e algún profe que non se poido resistir…(hai máis pero non queren saír na foto).

Desexamos repetir o vindeiro curso!!

PARABÉNS!!!!

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO B, xunto coa súa titora Rosa Porto, resultaron gañadores do segundo premio do concurso Clases sen fume de este curso, co vídeo “Con el tabaco no me la juego” que xa vos presentamos neste blog. Deixamos instantáneas do momento da recollida do premio.