FESTIVAL FIN DE CURSO

O día 20 de xuño tivo lugar o festival de fin de curso, nel alumnos/as, profesores/as, persoal non docente e pais e nais dos rapaces disfrutamos dun fermoso espectáculo.

Lara Fonteboa (alumna do Ciclo de Atención a Persoas con Dependencia) e componente do dúo Novedad, deleitounos con dúas cancións. Rapazas de 2º, 3º e 4º de E.S.O realizaron unha coreografía montada por as irmás Ruth Darisa e Dara Emilia Jiménez Sánchez. Ese grupo de alumnas bailaron tamén cun grupo de profesores/as e alumnos do centro A Danza de Bruselas.

Por último na actuación final do festival bailamos conxuntamente profesores, alumnos e pais.

 Aquí deixamos os vídeos e felicitamos e agradecemos a todos os asistentes a súa participación.

RAP DO XOGRAR

 

 O alumno do ciclo de Atención a persoas con dependencia David Vázquez Batán, coñecido polo seu nome de batalla “El Baty”, animouse a crear o Rap do Xograr. Outros rapaces que colaboraron aportando ideas foron os alumnos da E.S.O David Rodríguez González e Wilton Felipe De Sousa Barbosa. Grazas a todos e ahí vai o audio “ XogRap” editado polo noso orientador Evaristo Pardeiro.

RAP DO XOGRARRAP 1º CICLO