Quérote + curso 2018-2019

“Quérote+: Afectividade, sexualidade e convivencia na adolescencia”. Un ano máis o IES Xograr participa no programa Quérote+ do Plan Proxecta debido á necesidade de implementar contidos relacionados coa afectividade, sexualidade e convivencia entre os sexos entre o noso alumnado adolescente. O programa implementouse en 3º ESO A e en 3º PMAR e nel traballáronse os seguintes contidos:

  • Presentación do recurso Quérote+, usos e funcionalidades e aprendizaxe práctica no uso do seu servizo de consultoría anónima e confidencial.
  • A Educación Sexual: Que entendemos por Educación Sexual? Que inclúe a Educación Sexual? Que dúbidas ten o alumnado sobre a sexualidade? Nesta actividade o alumnado reflectiu anonimamente as súas dúbidas relacionadas coas sexualidade e incidiuse no uso do recurso web Quérote+ para solventar certas dúbidas.

ficha 2

  • A orientación do desexo e a identidade sexual. O coñecemento das diferentes sexualidades e identidades sexuais é un aspecto fundamental para o respeto e a convivencia.
  • O modelo de amor romántico: tópicos e mitos que provocan unha idealización do amor que pode conducir á relacións tóxicas. Cualidades top-ten nunha parella?
  • A relación dos sexos a través da tecnoloxía. Relacionámonos igual no mundo físico e no mundo virtual? Que normas debemos seguir nas nosas relacións a través de medios tecnolóxicos?
  • Cultivando habilidades. Cómo facer fronte á presión do grupo?

ficha 6 1

  • Aconcepción e concepción. Que prácticas sexuais teñen risco de embarazo e cales non? Que son as enfermidades de transmisión sexual e como previlas?

ficha 7 1

A educación afectivo-sexual é unha parte fundamental no desenvolvemento integral do noso alumnado e as actividades desenvoltas mediante o programa Quérote+ contribúen excepcionalmente a garantir dito desenvolvemento integral das mozas e mozos do noso IES.