ENTREGADOS OS PREMIOS DAS “AULAS XEITOSAS”

Un ano máis continuamos co programa  “Coidemos o noso centro” e dentro del lanzamos o concurso Aulas Limpas para o alumnado da ESO.

Este concurso consiste no traballo conxunto do persoal de limpeza, profesorado e alumnado do instituto para manter as instalacións limpas e ordenadas. Así, día a día os/as limpadores/as avalían o estado de orde e limpeza de cada aula e ao remate do trimestre emiten o seu veredicto. Deste xeito as aulas premiadas en decembro do curso 2019-20 foron 3º de ESO B e 2º de ESO A.

O grupo clase recibiu un diploma para a clase e cada alumno/a máis o titor/a foron obsequiados con agasallos para reforzar e motivar a súa concienciación ambiental. Traballar nun ambiente agradable mellora o clima de clase, a convivencia e axuda a manter en boas condicións o espazo que compartimos. Grazas á colaboración inestimable de SOGAMA por axudarnos e apoiarnos en cada iniciativa que lanzamos.

Noraboa!!!

Diploma:    diploma aulas limpas

Advertisement