30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

“Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”.

– Mahatma Ghandi –

 

 

O Día da Paz é una data conmemorativa sinalada nos centros educativos, desde o proxecto Escola Verde queremos reivindicar a importancia deste día facendo una reflexión sobre as numerosas agresións que sufre o noso planeta, sobre a importancia de preservar o medio ambiente e facernos todos e todas responsables do seu coidado.

Existe un Día dos dereitos humáns, un día do dereito dos nenos, por que non un día dos dereitos do medio ambiente?. Poderían ser estes os seus dereitos?

 

  1. O dereito á igualdade en todolos sentidos sen distinción de continente, clima, idioma, nacionalidade, opinión política ou outros rasgos.

 

  1. O dereito a ter unha protección especial para fomentar o seu desenrolo, mantemento e conservación.

 

  1. O dereito a dispor e disfrutar dun nome e dun status desde o seu nacemento.

 

  1. O dereito a un respecto e proteción contra o lixo, plásticos, residuos, contaminacións .. producidas polos humáns.

 

  1. O dereito a unha lexislación específica que o defenda de agresións coma incendios, contaminacións, desforestacións, etc.

 

  1. O dereito á comprensión e o amor da sociedade (e en especial dos usuari@s de vehículos e transportes por mar, aire e terra).

 

  1. O dereito a quedar no seu estado orixinal tras unha visita ou disfrute polos humáns (probas deportivas, excursións, etc)

 

8. O dereito a estar entre os primeIros en recibir axuda en calquiera circunstancia que poña en perigo a súa integridade.

 

 

  1. O dereito á proteción contra calquera forma de abandono, crueldade, explotación da que poidan ser vítimas.

 

  1. O dereito a crecer e vivir nun espíritu de comprensión, tolerancia e hermandade universal que perpetúe a a convivencia neste planeta e garantice a existencia futura dun espazo natural limpo e san.                                                                                                                              

                                                            E TI, QUÉ FAS POLA PAZ?

    “NA CONCIENCIA AMBIENTAL DUN NEN@ CRECE UNHA SEMENTE DE ESPERANZA PARA A HUMANIDADE”

Advertisement

NO INSTITUTO E NO FOGAR UN COLECTOR DE CADA COR DEBERÁS ELABORAR E USAR

Voltamos de novo e agora lanzamos o reto de Xaneiro. “No instituto e no fogar, un colector de cada cor deberás elaborar e usar”

Aproveitando a información recibida nas charlas impartidas polo persoal de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) e concienciados todos e todas sobre a importancia de reciclar, invitámosvos a crear un colector de cada cor en cada aula, pedide axuda ós/ás vosos titores/ras.

E coma non, falade cos vosos pais e animádevos , se non os tedes xa, a crear os vosos colectores específicos e papel, plástico e vidro.

Nos corredores do noso centro xa temos colectores de pilas, papel, plástico, tóner e tamén outros solidarios de tapóns.

Lembrade que somos parte dunha cadea e para que funcione nós temos que colaborar.

Con pequenos xestos podemos conseguir grandes cousas, poñámonos en marcha!!

Aquí vai un enlace que vos leva ao programa de radio da pasada semana na que tamén se fala do programa Escola Verde. Entre o minuto 17 e o minuto 19 podedes escoitar a Ángel Lorenzo, educador de Sogama e unha cuña publicitaria do Proxecto Escola Verde.

Grazas Radio Xograr!

 

Coñeces unha forma mellor de conmemorar unha data sinalada?

 

XOGRARÍZATE – NATURÍZATE, CREA O TEU COLECTOR!

Para reciclar na clase terás que separar!

 

 

CAMBIEMOS NÓS E NON O CLIMA!

 

 

XORNADAS DE FORMACIÓN AMBIENTAL IMPARTIDAS POR SOGAMA

Estreamos o 2020 cunha actividade formativa que consideramos fundamental para os/as rapaces/zas da nosa comunidade educativa: coñecer o sistema de reciclaxe en Galicia.
Á volta das vacacións do Nadal tivemos a sorte de poder contar coa presencia de Ángel, educador ambiental de Sogama que veu ó instituto o pasado mércores 15 de xaneiro a impartir unhas charlas sobre o sistema de recollida selectiva e tratamento de residuos na planta de Sogama. Coñecer os distintos contenedores que temos a nosa disposición nas cidades e vilas e saber exactamente como empregalos é esencial para lograr un bo funcionamento a nivel global do sistema. Invertiuse moito tempo en aclarar as dúbidas acerca da separación dos residuos: por que moitos materiais plásticos non deben botarse ó contenedor amarelo, que se considera exactamente un “envase”ou  por que os cristais non deberían introducirse non contenedores de recipientes de vidro.
Por outra banda, pareceunos moi interesante descubrir cal é a segunda vida deses materiais que se conseguen reciclar: dende prendas de vestir ata tuberías!.
Comprendimos a urxente necesidade da nosa implicación individual, é un feito indiscutible que cada un de nós xera unha grande cantidade de residuos e que polo tanto debemos responsabilizarnos deles: en primeiro lugar reducíndoos, e en segundo lugar asegurándonos de que o seu destino é o máis axeitado, temos que tomar conciencia de que a reciclaxe e o tratamento de residuos carecen de sentido sen unha correcta separación previa… e que isto depende enteramente de nós!

 

NO NADAL FESTEXA, AGASALLA E REUTILIZA A ESGALLA

“NO NADAL FESTEXA, AGASALLA E REUTILIZA A ESGALLA”.

Aproveitando estas datas tan sinaladas lanzamos o noso primeiro reto da Escola Verde.

O Nadal adoita ser unha época moi marcada polo consumo, agasallar e decorar é unha  parte esencial do encanto destas festas,  por iso cremos que é un momento ideal para sensibilizar á comunidade educativa no relativo á reutilización e á reciclaxe. Envolver os nosos agasallos co papel dos xornais vellos, darlles unha segunda vida ós tapóns de plástico ou cartóns para elaborar adornos navideños son algunhas das propostas que suxerimos para aportar o noso pequeno pero decisivo gran de area!

Por todo isto a última semana antes das vacacións proxectamos nas aulas de 1º da ESO un vídeo informativo que ten como obxectivo a toma de conciencia acerca das dramáticas consecuencias que ten no medio ambiente a sociedade de consumo. Pódeslle botar unha ollada ó video tanto no facebook coma no blog do instituto.

Anímate a participar decorando con materiais de refugallo, reciclando, etc.

Comparte algunha foto ou comenta a túa experiencia cos compañeiros e familiares.

Mira o video e comenta esta publicación no facebook cunha foto que amose o teu compromiso co medio ambiente. Cada xesto suma, únete a cadea do Xograr. Agardámoste!
https://youtu.be/ZdveW6irfpU

 

Ideas doutros anos…

Aqui publicamos algunhas das fotografías que aportaron varios membros da comunidade educativa á volta do Nadal. Grazas por colaborar no proxecto!