Estreamos o 2020 cunha actividade formativa que consideramos fundamental para os/as rapaces/zas da nosa comunidade educativa: coñecer o sistema de reciclaxe en Galicia.
Á volta das vacacións do Nadal tivemos a sorte de poder contar coa presencia de Ángel, educador ambiental de Sogama que veu ó instituto o pasado mércores 15 de xaneiro a impartir unhas charlas sobre o sistema de recollida selectiva e tratamento de residuos na planta de Sogama. Coñecer os distintos contenedores que temos a nosa disposición nas cidades e vilas e saber exactamente como empregalos é esencial para lograr un bo funcionamento a nivel global do sistema. Invertiuse moito tempo en aclarar as dúbidas acerca da separación dos residuos: por que moitos materiais plásticos non deben botarse ó contenedor amarelo, que se considera exactamente un “envase”ou por que os cristais non deberían introducirse non contenedores de recipientes de vidro.
Por outra banda, pareceunos moi interesante descubrir cal é a segunda vida deses materiais que se conseguen reciclar: dende prendas de vestir ata tuberías!.
Comprendimos a urxente necesidade da nosa implicación individual, é un feito indiscutible que cada un de nós xera unha grande cantidade de residuos e que polo tanto debemos responsabilizarnos deles: en primeiro lugar reducíndoos, e en segundo lugar asegurándonos de que o seu destino é o máis axeitado, temos que tomar conciencia de que a reciclaxe e o tratamento de residuos carecen de sentido sen unha correcta separación previa… e que isto depende enteramente de nós!