ALMORZOS SAUDABLES, SEN ALUMINIO E EN ENVASES REUTILIZABLES!

Aquí tedes o reto para o mes de febreiro, “Almorzos saudables, sen alumnio e en envases reutilizables”

No noso día a día non adoitamos ser conscientes da gran cantidade de residuos que xeramos en actividades tan cotiás como comer un bocadillo ou beber un grolo de auga. Este tipo de actividades diarias implican o uso de gran cantidade de envases e produtos «de usar e tirar». Claros exemplos son o papel de aluminio que envolve as nosas merendas e as botellas de auga que tomamos a media mañá.

Dende o IES Xograr Afonso Gómez propoñemos como reto para febreiro facernos con envases reutilizables para traer cada día o almorzo ao instituto. Poden ser envases propiamente destinados a este fin ou calquera outro reutilizado. Deste xeito, contribuímos ao aforro de recursos e á protección do medio ambiente.

 

 

O RETO DE XANEIRO VAI POLO BO CAMIÑO!

No marco do Plan Proxecta Escola Verde, o IES Xograr Afonso Gómez propuxo como reto para o mes de xaneiro a elaboración de colectores de reciclaxe para as aulas. Deste xeito, preténdese contribuír á boa xestión dos residuos dende todos os recunchos do centro.

Aínda que o reto foi proposto á volta de vacacións, o alumnado de 1º ESO A púxose mans á obra e de contado creou os seus propios colectores. Agardando poder presentarvos todos os demais, aquí vos deixamos unha mostra do gran traballo que realizou este grupo.

 

No programa de radio desta semana publicítase o reto:

https://www.ivoox.com/radio-31-01-20-audios-mp3_rf_47282940…

podesdes escotalo no minuto 16:50 segundos.