MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA NO XOGRAR. Un paso máis cara á saúde

Un curso escolar máis, un Plan Proxecta máis. E nesas estamos, comezando un novo proxecto con toda a ilusión.

O noso centro leva anos deseñando e solicitando proxectos co obxectivo de promover a saúde e a práctica física entre os membros da comunidade educativa. Tamén, e non menos importante, lanzando iniciativas para o coidado do medio ambiente, grazas a elo o Ies Xograr Afonso Gómez posúe galardóns e selos de calidade coma O “Sello de vida saludable”, o distintivo de “Ecovaledor” ou o recoñecemento coma “Centro Cardioprotexido”.

Este ano queremos dar un paso máis e seguindo as instrucións educativas neste contexto Covid que estamos a vivir, potenciar a mobilidade segura e as rutas en bicicleta e a pé para vir ao centro escolar.

Queremos reintroducir a educación viaria no contexto escolar coma motor dun cambio de estilo de vida. Por unha banda para formar usuarios da vía pública responsables e respectuosos e por outra banda coma promotores do coidado dunha comunidade solidaria co medio ambiente e co resto da sociedade.

Desde o instituto imos aportar o noso gran de area para conquerir unha vila máis sostible e crear novos entornos de benestar para vivir.

Comezamos!!!!!

Caminar es la primera cosa que un niño quiere hacer y la última que una persona mayor desea renunciar. Caminar es el ejercicio que no necesita tener gimnasio. Es la prescripción sin medicina, el control de peso sin dieta, y el cosmético que no puede encontrarse en una farmacia. Es el tranquilizante sin pastillas, la terapia sin un psicoanalista, y el ocio que no cuesta un céntimo. Y además, no contamina, consume pocos recursos naturales y es altamente eficiente. Caminar es conveniente, no necesita equipamiento especial, es auto-regulable e intrínsecamente seguro. Caminar es tan natural como respirar”

John Butcher, Fundador del Walk21, 1999

Animamos a toda a comunidade escolar a sumarse a esta iniciativa, lembramos que un dos motivos que move a creación deste proxecto é seguir as instrucións da ORDE COMUNICADA DO MINISTRO DE SANIDADE, DO 27 DE AGOSTO DE 2020, MEDIANTE A QUE SE APROBA A DECLARACIÓN DE ACTUACIÓNS COORDINADAS EN SAÚDE PÚBLICA FRONTE AO COVID-19 PARA CENTROS EDUCATIVOS DURANTE O CURSO 2020/21.

II. Recomendacións referidas a centros educativos.

24. Priorizar, na medida do posible, a utilización de espazos ao aire libre.

27. Recomendarase á cidadanía a priorización do transporte activo (andando ou en bicicleta) en rutas seguras á escola como opción de mobilidade que mellor garante a distancia interpersoal, ao ser, ademais, unha opción máis saudable e que evita compartir espazos pechados.

Pola túa saúde, pola de tod@s utiliza medios activos de locomoción.

Protéxete e protexe ao Medio Ambiente. Xograrízate e pensa en verde!