APRENDENDO COUSAS DE SEGURIDADE VIAL

Coma estamos a piques de comezar a rodar non ven mal un repaso das normas básicas de segurida e moito millor se o facemos da man dun ciclista profesional. Adicade uns minutiños a visionar “Pedalear seguro” guiados por Luis Ángel Maté.

Deixamos aquí os enlaces

O casco é o teu amigo!

Sinaliza as túas maniobras

Puede ser una imagen de texto que dice ""EN BICI AO XOGRAR. ANÍMATE A PEDALEAR!' A partir do día 8 de marzo os membros da Comunidade educativa que veñan en bicicleta ao Instituto terán premio. ൽ -Obrigatorio vir con casco e cumprir as normas de circulación extremando as precaucións. -Para o alumnado transportado ofreceremos percorridos alternativos que poderán realizar fóra do horario lectivo e que terán que rexistrar. Agardámoste! Ven a estrear os novos aparcabicicletas!"
Puede ser una imagen de bicicleta y texto
Advertisement

ESTREANDO OS NOVOS APARCABICICLETAS

Durante o entroido traballouse no Instituto para preparar o inicio da campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”. O instituto adquiriu novos soportes para bicicletas e xa están listas para probar.

Deixamos aquí unhas fotos deles. Tamén deixamos fotos doutros soportes que temos na vila para que vos animades a ir en bicicleta a distintos puntos, non esquezas o casco e un candado.

Agora deixamos fotografías dos soportes para bicis da Escola Municipal de Música, da Piscina Municipal, do Parque do Chanto, do Pum Trak, a Biblioteca Pública,…

Pero unha cousiña, tamén hai outros lugares onde non hai aparcabicicletas e serían moi necesarios, no Pavillón Novo do Chanto, no Pavillón dos Institutos, no Parque da Vila e no Parque das Ínsuas. Tentaremos solicitar ao Concello a súa adquisición e colocación.

APRENDENDO INGLÉS E CICLISMO

O Equipo profesional de Ciclismo EF Education First, coa súa máxima “cando exploras aprendes”, comparte con nós unha serie de videos para explorar o mundo e ao mesmo tempo aprender inglés.

O profesorado de Inglés xa posúe os enlaces para visionalos con vós.

Este equipo norteamericano, coñecido pola cor rosa nos seus maillots colabora tamén no noso proxecto “En bici ao Xograr” doando distintos materiais.

Aproveita e pon a punto a túa bici seguindo o video que nos comparten. aprende a limpala e a engraxala e familiarízate co volabulario en inglés.

EF & Ciclismo

ESTADÍSTICO DO IES XOGRAR SOBRE POSESIÓN DE BICICLETA

En poucos días comezaremos a ir en bicicleta ao instituto e antes diso é importante saber cantos de nós temos bicicleta e si sabemos usala (ou se estamos seguros montando nela).

No gráfico seguinte aparecen os datos de cada nivel. A maiores disto hai moitos alumnos/as que veñen en transporte escolar ao centro e para eles/elas será máis complexo poder usala cada mañá.

Por último comentarvos que xa temos encargados novos aparca bicicletas, así que pronto poderemos estrealos.

Temos que salientar que do total do alumnado do centro, 350 alumnos e alumnas, 120 utilizan o transporte escolar, en concreto 85 alumnos/as da ESO veñen a diario ao instituto no autobús escolar.