ESTADÍSTICO DO IES XOGRAR SOBRE POSESIÓN DE BICICLETA

En poucos días comezaremos a ir en bicicleta ao instituto e antes diso é importante saber cantos de nós temos bicicleta e si sabemos usala (ou se estamos seguros montando nela).

No gráfico seguinte aparecen os datos de cada nivel. A maiores disto hai moitos alumnos/as que veñen en transporte escolar ao centro e para eles/elas será máis complexo poder usala cada mañá.

Por último comentarvos que xa temos encargados novos aparca bicicletas, así que pronto poderemos estrealos.

Temos que salientar que do total do alumnado do centro, 350 alumnos e alumnas, 110 utilizan o transporte escolar, en concreto 80 alumnos/as da ESO veñen a diario ao instituto no autobús escolar.