“EN BICI AO XOGRAR. ANÍMATE A PEDALEAR!”

Desde o luns 8 de marzo comezamos a campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”, e todos os membros da comunidade educativa que vaian en bicicleta ao instituto terán premio. Semana a semana daremos agasallos aos participantes nesta campaña. Grazas á colaboración de distintas entidades e tamén a axuda de equipos profesionais de ciclismo poderemos regalar moitas cousiñas, sorprenderémosvos. Tamén temos padriños e madriñas que lanzarán mensaxes de ánimo e serán embaixadores do noso lema. Iremos descubrindo pouco a pouco a estas persoas destacadas en distintos ámbiitos e unidas pola pasión pola bicicleta.

Comezamos a primeira semana con moita ilusión e da man de Fenie Energía, un dos patrocinadores de “La Vuelta” e que apoiou a nosa iniciativa desde o primeiro momento, grazas a eles teremos os primeiros agasallos para ciclistas e moitas máis cousas noutras semanas. Grazas a súa implicación poderemos premiar a tódolos participantes e apoiar a súa seguridade cunha mellor visibilización.

Home - Feníe Energía

Para o alumnado transportado, que non pode vir de luns a venres en bicicleta plantexamos dúas opcións para participar nesta campaña.

  • Realizar un percorrido polo voso pobo, tentando que sexa por un espazo natural e sen tráfico. Para ter constancia da realización debedes enviarnos unha fotografía aos profesores/as de Educación Física ao noso correo e/ou un track do percorrido (os/as maiores de 16 anos coñecedes varias aplicacións).
  • Realizar un percorrido alternativo en Sarria, case na súa totalidade en plena natureza (deixamos aquí o resumo) , ideal para disfrutar en familia. Quince ou vinte minutiños en bicicleta, a ritmo cómodo, polos arredores do instituto disfrutando da contorna natural das Aceas. Facede fotografías e/ou gardade o percorrido a través dunha aplicación, teredes que enviarnos a constancia da realización dese percorrido.

Deixamos aquí unha guía do percorrido: saída do Ies Xograr Afonso Gómez, chegar a Garda Civil, facer a ruta das Aceas corta ata a primeira ponte sobre o río, cruzar a ponte, chegar ao Estadio de fútbol da Rivela, cruzar ata a Avenida Castelao por detrás da fábrica de Manosa, desde alí Avenida Castelao ata o Pavillón Novo do Chanto, bordear o Campo de Rugbi, chegar ao Parque Biosaudable e voltar ao Instituto (Punto de saída). Imaxes do punto de saída, da ruta das Aceas e do plano do percorrido

Aqui tedes toda a información https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=1784798508346456&id=734261236733527&__tn__=-R

Tamén deixamos o enlace para que escoitedes o programa de Radio Xograr no que se publicita diferente información sobre este proxecto de Mobilidade Sostible e Segura e podedes escoitar información da campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!” (Desde o minuto 26 con 20 segundos ata o minuto 27 con cincuenta).

https://www.ivoox.com/radio-xograr-2020-2021-6-audios-mp3_rf_67484874_1.htmlo