Este ciclista cordobés, que compite en ciclismo adaptado nas modalidades de pista e ruta é o primeiro abanderado da nosa campaña. Alfonso Cabello gañou tres medallas nos Xogos Paralímpicos de Verán nos anos 2012 e 2016.
Desde Londres non baixa do podio e na última edición do Campionato de España absoluto subiu ao podio dúas veces, competindo cos mellores ‘pistards’ nacionais sen discapacidade.
Humilde e incansable é o noso exemplo de superación.
Coma dixo nunha das súas últimas entrevistas:
“La discapacidad no es ningún tipo de barrera”
Grazas a Alfonso por apoiarnos e ensinarnos que as marcas e os logros non saben de etiquetas.
Desde o Xograr desexámosche moita sorte para os Xogos de Tokio.
https://es-es.facebook.com/iesxograr/videos/207895047785628/?t=0
https://es-es.facebook.com/iesxograr/videos/207895047785628/?t=7

Resultados doutros Campionatos
Campionato do Mundo en Pista 2014 (MÉXICO) KM, C5 – OURO
Velocidade por Equipos, C1-C5 – OURO
Campionato do Mundo en Pista 2015 (Apeldoorn – NED) Km C5 – OURO
Velocidade por Equipos, C1-C5 – PRATA
Campionato do Mundo (Los Ángeles 2012) Km C5 – BRONCE
Velocidade por Equipos – BRONCE
Campionato do Mundo en pista 2016 (Monticciari, ITA) 1 Km Time Trial C5 Masculino – OURO
Velocidade por Equipos C1-C5 – BRONCE
