ANXO MOURE PADRIÑO DE “EN BICI AO XOGRAR. ANÍMATE A PEDALEAR!”

O amigo da natureza Anxo Moure é o noso padriño desta quincena.

Anxo é membro de Bicis pola Paz, unha ONG de Chantada que reivindica, tomando coma eixo as bicicletas, un modelo de desenvolvemento sostible  e respectuoso co Medio Ambiente. Desde esa ONG teñen doado bicicletas a máis de trinta países de America Latina, África e Asia para fomentar  o transporte ecolóxico e para axudar nas comunidades máis desfavorecidas a profesores, carteiros, médicos…

Anxo é escritor e contacontos pero sobre todo ecopacifista, aquí podedes  escoitar a mensaxe de promoción do uso da bicicleta que nos dedica.

Coma dí Anxo: “Unha bici pode cambiar o mundo”.

REPORTAXE DA FUNDACIÓN TIC DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL

O xoves día 8 de abril tivemos a visita de periodistas do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.

Entrevistaron a profesorado e a alumnado participante na campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”. Filmaron varias tomas nas nosas instalacións e xa estamos desexando ver a reportaxe.

Grazas a Deputación por darlle publicidade ao proxecto de Mobilidade sostible e segura.

https://www.facebook.com/servizosaudiovisuais/?hc_ref=ART7criwZAU_ZU6hf1HO0wG-53C_0QhNL4akukLxjaU0UUSrnXGCHjy9gu9MHTJLOp0&fref=nf&__tn__=kC-R