EVA CASTRO MADRIÑA DE “EN BICI AO XOGRAR. ANÍMATE A PEDALEAR!”

Hoxe compartimos a mensaxe dunha das mellores bikers da historia do ciclismo nacional, pero non só iso, tamén unha das persoas máis queridas dentro do mundo do DH e do Enduro.

Eva abandonou a competición ao máis alto nivel no 2017, cunha fantástica vitoria en O Marisquiño , foi a mellor forma de retirarse, recibindo unha merecida homenaxe á que se suma o noso centro.

A pegada de Eva Castro no mountain bike nacional non se limita ao seu palmarés, esta campiona sempre compaxinou os podios coa proximidade ao público, o respecto e a amizade cos rivais e o apoio aos novos riders. Esta deportista percorreu o mundo enteiro coa súa bici e segue unida a este mundo profesionalmente traballando para distintas marcas e publicando vídeos de formación.

Seguramente moitos de vós tedes aplaudido as súas baixadas do descenso de Sarria onde ten moita xente que a admira.

Para o deporte español quedan o seu bronce no Campionato de Europa de 4X de 2006 ou o podio na Copa do Mundo de 4X de 2007. A nivel nacional gañou case todo, desde que era unha adolescente non baixou do podio. Foi Campioa do Open de España de Descenso (2011), 10 veces campioa de España de Dual e 4X e en 2013 proclamouse Campioa de España de Enduro.

Para aprender moitas cousas e coñecela mellor podes ver os vídeos “Baja con Eva Castro” ou a fermosa entrevista que lle fai un rider noviño https://youtu.be/4B2xBqNxEH0

Podes vela tamén na última campaña de seguridade Vial para ciclistas da Xunta “Qué é metro e medio?” xunto a Óscar Pereiro ou Ezequiel Mosquera. https://youtu.be/7mZhefjER4M

Aquí tedes a súa mensaxe:

https://es-es.facebook.com/iesxograr/videos/2918447451763930/?t=1

Grazas Eva, pola túa colaboración e por ser o mellor referente para a xente que ama a bici!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s