CONMEMORANDO AO GRANDE O DÍA INTERNACIONAL DA BICICLETA

No IES Xograr Afonso realizamos unha serie de actividades diferentes para conmemorar un día tan especial. Nun acto ao que acudiron numerosos persoeiros (estiveron representados o Concello, a Xunta, a Deputación, a Subdelegación do Goberno, a Federación Galega de Triatlón, o Servizo Provincial de Deportes, a Xefatura provincial de Tráfico, etc) fíxose pública a adhesión do Concello de Sarria e do noso IES ao programa Europeo Stars de Mobilidade sostible. Somos o primeiro centro educativo da provincia e o primeiro concello que o fai.

Nese acto houbo agasallos para o alumnado e os membros da comunidade educativa que participaron máis activamente no programa, sorteos de agasallos doados por entidades colaboradoras, inaugurouse unha exposición tanto física coma fotográfica, sobre o mundo da bici e presentouse o padriño do acto.

Na prensa pode verse un resumo dos actos levados a cabo.

https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/xograr-es-pionero-unirse-plan-europeo-movilidad-sostenible/202106031329341506616.html

https://galiciaxa.com/2021/06/sxa-es/zonas-sxa-es/sarria-sxa-es/96829/?lang=es

LITUS PADRIÑO DE EXCEPCIÓN NO DÍA INTERNACIONAL DA BICICLETA

Este polifacético artista, cantante, compositor, músico, actor de musical, de teatro, showman televisivo e Voz cantante da banda televisiva de Late Motiv (programa de Andreu Buenafuente) é o noso padriño da Campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”

Litus entre outros recoñecementos contou con dúas candidaturas aos Premios Goya 2008-2009 (mellor canción e mellor música orixinal), e unha nominación como mellor disco do ano por Radio 4 (2010). Pois este excepcional artista únese ao noso proxecto, dándolle un toque marabilloso co seu tema “Pedalear”, unha fermosísima canción.

Se o noso proxecto se caracteriza por tres eses: Saúde, Seguridade e Sostenibilidade, Litus ven a aportarlle unha cuarta ese, Sensibilidade.Se queredes escoitar o seu tema completo:  https://youtu.be/Gi2CozcvAno

Aquí podedes ver a súa mensaxe https://es-es.facebook.com/iesxograr/videos/1208585716252776/?t=53

Qué máis se pode pedir?
Mil grazas Litus, pedalearemos xuntos!