JUSTO GONZÁLEZ PADRIÑO DE “30 DÍAS EN BICI”

Ao longo do mes de abril tentaremos celebrar varias conmemoracións relativas á saúde e ao coidado do Medio Ambiente. Propoñeremos varios retos aos membros da comunidade educativa coa finalidade de mellorar a nosa saúde e tamén a saúde do noso planeta. O primeiro reto é sumarnos á iniciativa “30 días en bici”, consiste en que cada membro da comunidade educativa trate de utilizar a bicicleta para ir ao traballo, facer recados, pasear,…queremos construír unha ” feliciudad a pedaladas”. Para iso temos un padriño de excepción, Justo González, ciclista de Sarria. Justo súmase á Campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”, e invítanos a usar a bicicleta. A que esperas?

https://www.facebook.com/iesxograr/videos/551146522898227/?t=0

Advertisement

ADHERÍMONOS Á CAMPAÑA “30 DÍAS EN BICI”

30 Días en Bici” é unha campaña anual. Cada mes de abril trátase para promocionar o uso cotián da bicicleta como elemento de mobilidade persoal pola cidade durante trinta días. Así se xera o hábito de moverse en bicicleta. Anótaste? Adquires o compromiso de utilizar a bici cada día do mes de abril para facer un recado, dar unha volta, ir ao instituto, dar un paseo,… ?

Como podes participar?

Paso1: firma o compromiso https://www.30diasenbici.com/el-compromiso/

Paso 2: pedalea e convida a outros amigos/ as a pedalear

Paso3: repite os pasos 2 e 3 cada día do mes de abril.

Paso 4: celebra a consecución do reto.
Sóamente por participar entrarás no sorteo de dúas bicicletas.

A que agardas?

CHARLA DE SEGURIDADE VIAL A CARGO DE STOP ACCIDENTES GALICIA

O alumnado de 1º,2º,3º recibiu unha charla sobre” mobilidade sostible e papel como peatón e coma pasaxeiro”, o alumnado de 4º da ESO recibiu unha charla sobre “Alcol, drogas e velocidade”.

Unhas sesións moi interesantes a cargo de monitores de Stop Accidentes nas que descubrimos os efectos que poden provocar as conductas imprudentes, tanto coma condutor coma se somos peatóns.Tamén quedou clara a importancia de respectar as normas de tráfico, levar casco e ter os cinco sentidos ao volante.

TALLER DE INICIACIÓN AO SKATE

Para continuar co impulso á mobilidade sostible e descubrir novas posibilidades organizamos un taller no que o alumnado descubriu como desprazarse en monopatín, os distintos tipos que existen, a importancia de utilizar proteccións e diferentes exercicios de progresión sobre o Skate. Para iso varios grupos da ESO recibiron un taller de Skate impartido por Uxío Rodríguez da escola de Surf de Viveiro. Uxío realizou unha progresión para o alumnado e todos puideron gozar sobre os Skates, iso si, utilizando proteccións. Tamén o alumnado de Bacharelato recibiu a charla “O importante é chegar”, impartida por persoal de FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) para concienciar sobre os accidentes de tráfico.

COLABORANDO CO CLUB LOCAL DHGTEAM

Ao longo da pasada fin de semana o Club de ciclismo DhgTeam realizou unha “sachoquedada” co obxectivo de limpar o monte Santa Cristina (recoller lixo) e revisar e limpar de maleza os percorridos de descenso que xa existen no monte. A maiores deseñouse e ampliouse unha nova ruta. Colaboramos na creación dun salto e de peraltes para trazar curvas con seguridade no descenso.

Varios profesores/as e alumnos do centro colaboraron tanto o venres coma o sábado e o domingo nestes traballos. Gran inicitiva do Club Ciclista sarriao que mobiliza a moitos rapaces e inculca valores de coidado do Medio Ambiente. Moita grazas por convidarnos a participar!https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/sachoquedada-sarria/202203081816591563026.html

https://www.dhgteam.es/a-primeira-do-ano-sachoquedada-en-santa-cristina/

PRIMEIRO PADRIÑO DA CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE DO CURSO 2.021-22

Erik Quintela. primeiro padriño da campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”

Continuamos con ilusión cara ao obxectivo de conseguir un centro educativo máis sostible e saudable. Neste camiño apóiannos caras amigas e quen mellor que un deportista de alto nivel para sumarse ao noso lema… Erik Quintela, xogador lucense do Leite Río Breogán, equipo da ACB.

Erik é un traballador incansable, xogador de equipo e unha persoa comprometida cos valores do deporte.

Estamos a falar dun deportista tenaz, que non deixou de medrar na súa traxectoria profesional, formando parte de equipos como Cambados, Clavijo ou Palma.

Agora está a gozar do seu mellor momento co equipo da súa cidade. Noraboa Erik e moitas grazas!

https://www.facebook.com/iesxograr/videos/899072364100892/