ESTAMOS DE NORABOA!

Grazas a o traballo colaborativo de alumnado, profesorado e persoal de servizos o noso IES ven de gañar o 1º Premio no concurso autonómico “Xeración ECO”. De outubro a xuño o noso centro participou nun reto mensual co obxectivo de promover a sostibilidade, eses retos foron valorados de forma moi positiva e o resultado foi a obtención da mellor puntuación a nivel autonómico.

Eleváronse propostas ao Concello, analizouse a contaminación por microplásticos no río, realizáronse mosaicos con envoltorios de chuches, un “truco-trato” nos recreos dando lambetadas a cambio de tapóns de plástico (que enviamos para colaborar nunha causa solidaria), realizáronse enquisas para promover o aforro de auga nos fogares, elaborouse xabón reciclando aceite caducado dun mercado local, recolleuse auga de chuvia e regáronse árbores, fíxose un “Clean Grafiti” con esa agua recollida, reciclamos e decoramos botellas de plástico, xogamos con material reciclado, fixemos un RAP pola sostibilidade, decoramos en Nadal con papeis de xornais, elaboramos paralelogramos con xornais e fixemos tamén con eles un estudo de figuras xeométricas. Fixemos sendeirismo e recollemos lixo da natureza, pintamos papeleras coma canastras de baloncesto, promovemos recreos con cero resíduos, conmeoramos o Día da Saúde e tamen o día sin ascensores (facendo cálculos de consumo calórico e de aforro enerxético), promovimos a mobilidade sostible e colaboramos na limpeza do monte cun club ciclista local, fixemos presentacións variadas para promover o aforro de auga, papel e enerxía así como para coñecer os efectos da contaminación e da xeración de resíduos, promovimos o consumo de produtos Km 0 e un longo etc. A maiores non podemos esquecer citar o xa tradicional “Concurso de Aulas limpas” coa colaboración do persoal de limpeza do centro.

Este premio consiste na dotación ao instituto de oito bicicletas para facer préstamos ao alumnado (catro de adulto e catro para rapaces/zas de 12 anos) e dun parking con dez plazas.

Gran resultado para un gran traballo de equipo, con esta dotación impulsaremos a mobilidade sostible entre o alumnado con máis forza se cabe.

NOVOS AGASALLOS PARA O ALUMNADO PARTICIPANTE NA CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE

Nesta ocasión o equipo de ciclismo Froiz, a través do supermercado local, colabora connosco agasallando ao alumnado con roupa específica de ciclismo: maillots de contrarreloxo, chaquetas, chuvasqueiros, camisetas, pantalóns curtos… e tamén botellíns.

Mil grazas a supermercados Froiz por encher de ilusión aos amantes do ciclismo.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s