A Dirección Xeral de Tráfico no seu canal de Twitter publicou a entrega da acreditación Stars por promover os desprazamentos sostibles ao IES Xograr Afonso Gómez.
Mes: Outubro 2022
LEMBRANDO NORMAS DE USO DO PATINETE ELÉCTRICO
Como xa sabedes, as normas de uso do patinete cambiaron hai uns meses, non está de mais refrescar a normativa e actualizar coñecementos.

Outro aspecto fundamental na seguridade é o casco. Sabes que requisitos debe cumprir un casco?
Para que esté homologado debe cumprir unha serie de características e adenáis debemos levalo ben posto. Dous dedos por enriba das cexas e ben atado, de forma que non se baixe.

COMEZO DO SISTEMA DE PRÉSTAMO DE BICICLETAS
Desde hoxe mesmo o alumnado poderá solicitar, de forma gratuíta, o préstamo dunha bicicleta (e casco se non o posúe) por un mes e renovable en función da demanda e da disponibilidade.
O único requisito é firmar, tanto o/a alumno/a coma o seu titor/a legal, a documentación e as normas referentes ao sistema de préstamo.
Aquí tedes o enlace á información.

Anímate a probar!
O IES RECIBE A ACREDITACIÓN PRATEADA STARS
Grazas ao traballo realizado ao longo dos últimos dous anos en prol do fomento da mobilidade sostible, o centro ven de recibir unha distinción por parte da DXT (Dirección Xeral de Tráfico).
Neste acto, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Dna. Isabel Rodríguez fixo entrega dunha placa ao noso director, José Manuel Valcarce.
Noraboa a alumnado e profesorado e a seguir realizando desprazamentos activos.


ENTREGA DA ACREDITACIÓN PRATEADA STARS
O vindeiro martes 11 de outubro o IES Xograr Afonso Gómez recibirá unha distinción polas iniciativas desenvolvidas durante os últimos dous anos en prol da mobilidade sostible.
Nesta nova de prensa resúmense moitas delas.
https://galiciaxa.com/2022/10/sxa/zonas-sxa/sarria-sxa/174974/
