CHARLAS SOBRE PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DE TRÁFICO

Esta mañá, da man de AESLEME (Asociación pola prevención de accidentes de tráfico e ONG de atención a vítimas de accidentes.), o alumnado da ESO recibiu dúas charlas moi interesantes; “SEGURO POLA TÚA CIDADE” e “SE CONTROLAS VOLVES”. Son campañas de “Mobilidade segura e saudable”encamiñadas a que os mozos coñezan os riscos e as consecuencias dalgunhas condutas imprudentes e están enfocadas desde a empatía, a educación en valores e a resiliencia. Abordáronse temas moi interesantes relacionados coa Seguridade viaria: factores de risco (peóns, ciclistas, pasaxeiros, usuarios de ciclomotor, bicicleta ou patinete eléctrico) e medidas preventivas (uso de casco e cinto), actuación en caso de accidente e consecuencias dos accidentes entre outras.

Advertisement

COÑECENDO A MOVILIDADE ADAPTADA

Actividades para conmemorar o día internacional das persoas con discapacidade.

Este ano para conmemorar o 3 de decembro, unha data tan sinalada para nós, contamos con ENKI, unha asociación que traballa na construción dunha sociedade mellor incidindo na inclusión a través do deporte.

O alumnado da ESO puido realizar unha serie de actividades moi interesantes organizadas en forma de ximcana, e na que puideron experimentar os desprazamentos en bicicletas adaptadas. Unhas veces coma condutores e outras como pasaxeiros. Tamén desprazamentos en cadeiras de rodas. Unha xornada moi enriquecedora.