As clases de primeiro e segundo de ESO estiveron traballando intensamente para participar no concurso organizado pola Consellería de Sanidade Clases sen fume. O resultado foron uns excelentes vídeos -na nosa opinión- que non debemos mostrarvos ata que se falle o concurso.
Para abrir boca, deixamos algunha foto do seu contido.
Clases sen fume
Clases sen fume…
O pasado martes 30 de abril tivo lugar no Salón de Actos do centro unha charla sobre os efectos nocivos do tabaco na que participaron alumnos de ESO.
A actividade correu a cargo de Esperanza Otero Vázquez e Sara Xusto Vicente, do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas da Xefatura Territorial de Sanidade.
Tamén se realizaron Coximetrías a varios alumnos e alumnas para medir os niveis de fume no pulmón.
Esta actividade encádrase dentro do proxecto Clases sen fume do Plan Proxecta.