CONMEMORANDO O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Coma non pode ser doutro modo, a campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!” quere lembrar neste día o poder da bicicleta para coidar o Medio Ambiente. Este medio de transporte que tanto nos gusta non é contaminante, é dicir transporte de cero emisións. Non soamente iso, a bici é silenciosa, non xera ruidos e non produce contaminación acústica.

En resumo, usar a bici é sinónimo de dicir cero emisións e polo tanto, cero agresións.

O mellor modo de reflexalo foi a creación do lema NO OIL coas nosas bicis.

Outro modo de conmemorar este día foi reflexionar sobre o sentido dos lemas dos aparcabicicletas:

“Cambiar o mundo comeza cun só golpe de pedal”

“Conduce a túa vida,

por unha senda segura,

pedalea con soltura

e desfruta da aventura”

O alumnado de 3º da ESO, coa profesora Ana Belén Durán realizou traballos para apoiar a nosa campaña… Grazas a tod@s!

Tamén deixamos aqui o enlace do programa de Radio escolar para que escoitedes a información do proxecto de Mobilidade Sostible e Segura. Temos os audios das madriñas do mes máis unha entrevista a un dos alumnos participantes. Este enlace corresponde ao programa do mes de maio https://www.ivoox.com/radio-xograr-2020-2021-8-audios-mp3_rf_70984054_1.html

Advertisement

CONMEMORANDO AO GRANDE O DÍA INTERNACIONAL DA BICICLETA

No IES Xograr Afonso realizamos unha serie de actividades diferentes para conmemorar un día tan especial. Nun acto ao que acudiron numerosos persoeiros (estiveron representados o Concello, a Xunta, a Deputación, a Subdelegación do Goberno, a Federación Galega de Triatlón, o Servizo Provincial de Deportes, a Xefatura provincial de Tráfico, etc) fíxose pública a adhesión do Concello de Sarria e do noso IES ao programa Europeo Stars de Mobilidade sostible. Somos o primeiro centro educativo da provincia e o primeiro concello que o fai.

Nese acto houbo agasallos para o alumnado e os membros da comunidade educativa que participaron máis activamente no programa, sorteos de agasallos doados por entidades colaboradoras, inaugurouse unha exposición tanto física coma fotográfica, sobre o mundo da bici e presentouse o padriño do acto.

Na prensa pode verse un resumo dos actos levados a cabo.

https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/xograr-es-pionero-unirse-plan-europeo-movilidad-sostenible/202106031329341506616.html

https://galiciaxa.com/2021/06/sxa-es/zonas-sxa-es/sarria-sxa-es/96829/?lang=es

LITUS PADRIÑO DE EXCEPCIÓN NO DÍA INTERNACIONAL DA BICICLETA

Este polifacético artista, cantante, compositor, músico, actor de musical, de teatro, showman televisivo e Voz cantante da banda televisiva de Late Motiv (programa de Andreu Buenafuente) é o noso padriño da Campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”

Litus entre outros recoñecementos contou con dúas candidaturas aos Premios Goya 2008-2009 (mellor canción e mellor música orixinal), e unha nominación como mellor disco do ano por Radio 4 (2010). Pois este excepcional artista únese ao noso proxecto, dándolle un toque marabilloso co seu tema “Pedalear”, unha fermosísima canción.

Se o noso proxecto se caracteriza por tres eses: Saúde, Seguridade e Sostenibilidade, Litus ven a aportarlle unha cuarta ese, Sensibilidade.Se queredes escoitar o seu tema completo:  https://youtu.be/Gi2CozcvAno

Aquí podedes ver a súa mensaxe https://es-es.facebook.com/iesxograr/videos/1208585716252776/?t=53

Qué máis se pode pedir?
Mil grazas Litus, pedalearemos xuntos!

Por último, aquí deixamos o enlace ao programa de Radio Xograr de maio para que escoitedes a iformación relativa ao noso proxecto de Mobilidade sostible https://www.ivoox.com/radio-xograr-2020-2021-8-audios-mp3_rf_70984054_1.html

EVA CASTRO MADRIÑA DE “EN BICI AO XOGRAR. ANÍMATE A PEDALEAR!”

Hoxe compartimos a mensaxe dunha das mellores bikers da historia do ciclismo nacional, pero non só iso, tamén unha das persoas máis queridas dentro do mundo do DH e do Enduro.

Eva abandonou a competición ao máis alto nivel no 2017, cunha fantástica vitoria en O Marisquiño , foi a mellor forma de retirarse, recibindo unha merecida homenaxe á que se suma o noso centro.

A pegada de Eva Castro no mountain bike nacional non se limita ao seu palmarés, esta campiona sempre compaxinou os podios coa proximidade ao público, o respecto e a amizade cos rivais e o apoio aos novos riders. Esta deportista percorreu o mundo enteiro coa súa bici e segue unida a este mundo profesionalmente traballando para distintas marcas e publicando vídeos de formación.

Seguramente moitos de vós tedes aplaudido as súas baixadas do descenso de Sarria onde ten moita xente que a admira.

Para o deporte español quedan o seu bronce no Campionato de Europa de 4X de 2006 ou o podio na Copa do Mundo de 4X de 2007. A nivel nacional gañou case todo, desde que era unha adolescente non baixou do podio. Foi Campioa do Open de España de Descenso (2011), 10 veces campioa de España de Dual e 4X e en 2013 proclamouse Campioa de España de Enduro.

Para aprender moitas cousas e coñecela mellor podes ver os vídeos “Baja con Eva Castro” ou a fermosa entrevista que lle fai un rider noviño https://youtu.be/4B2xBqNxEH0

Podes vela tamén na última campaña de seguridade Vial para ciclistas da Xunta “Qué é metro e medio?” xunto a Óscar Pereiro ou Ezequiel Mosquera. https://youtu.be/7mZhefjER4M

Aquí tedes a súa mensaxe:

https://es-es.facebook.com/iesxograr/videos/2918447451763930/?t=1

Grazas Eva, pola túa colaboración e por ser o mellor referente para a xente que ama a bici!

PUBLICANDO NOVOS PERCORRIDOS FEITOS POLO ALUMNADO NO SEU TEMPO DE LECER

Esta ponte das Letras Galegas valeu para que algúns alumnos do IES fixeran rutas novas. Publicamos algunhas delas, por exemplo:

Tomás, Urko e Unai (alumnos de 2º de BAC) fixeron unha ruta na zona de O Incio, a ruta do Ferro. Case 70 Km!

Álex , Unai e Santiago (alumnos de 2º da ESO) fixeron unha ruta de 20 Km.

Jesús, Natalia e Artur (alumnos de 2º da ESO) tamén fixeron unha boa ruta pola zona de Lagos.

Elba e Sara tamén fixeron rutas polas súas zona.

Bravo por todo eles!

A TENDA DE BICICLETAS “DOS RUEDAS” COLABORA COA CAMPAÑA “EN BICI AO XOGRAR. ANÍMATE A PEDALEAR!”

A tenda de Sarria Dos Ruedas, sita na Praza de Galicia Nº41, en plena Zona escolar, colabora coa nosa campaña de mobilidade saudable, sostible e segura.

Nesta tenda venden todo dipo de bicicicletas: montaña, paseo, ruta, BMX, eléctricas e accesorios, vestimenta e calzado para a modalidade escollida. Tamén reparan de forma rápida a túa bicicleta ou lle fan unha posta a punto. Pois “Dos ruedas” vai a facer un desconto na man de obra a todos/as os/as alumnos/as ou ao profesorado que vaia alí a reparar a súa bici.

Lembramos que Dos Ruedas é a única tenda de ciclismo aberta en Sarria.

Gracias a Dos Ruedas polo seu apoio!

“EN BICI AO XOGRAR. ANÍMATE A PEDALEAR!” NO PROGRAMA RADIOFÓNICO ECOVOZ

RadioVoz é un espazo radiofónico emitido pola cadea Radio Voz para toda Galicia a través do cal téntase educar á poboación nos valores de respecto e compromiso coa protección do medio ambiente, mellorando o noso benestar e calidade de vida, e contribuíndo ao desenvolvemento sustentable.

Pois o venres sete de maio tivemos a ocasión de expoñer a campaña de mobilidade sostible e segura que estamos a desenvolver desde outubro e, tamén, lembrar outros proxectos que buscan sensibilizar á comunidade educativa cara ao coidado do Medio Ambiente e da contorna, coma o concurso “Aulas Limpas” ou o proxecto realizado o ano pasado “Escola Verde”.

Aquí deixamos a nova de prensa da entrevista.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/sarria/2021/05/10/da-gusto-llegar-instituto-ver-vienen-chavales-bicicleta/0003_202105C10C4991.htm

E o audio da entrevista

https://drive.google.com/file/d/1fY5Kvds4zMjnjpqWTY7ihdHSC-HVaRyQ/view?usp=sharing

LAURA CELDRÁN SUBIELA MADRIÑA DE “EN BICI AO XOGRAR. ANÍMATE A PEDALEAR!”

Laura é inxeniería de Telecomunicacións e instrutora titulada de técnica de MTB (ciclismo de montaña). Na actualidade Laura exerce de enxeñeira durante a semana e de instrutora de MTB durante a fin de semana. Esta polifacética deportista é relatora en eventos, universidades e centros de formación e tamén autora de artigos sobre emprendemento, mercadotecnia e marca persoal. Laura foi gañadora do premio de Iniciativas para o desenvolvemento empresarial de A Caixa 2017 e, ademais, co-dirixe iniciativas altruístas para o fomento do ciclismo Feminino: eventos como Women’s Bike Party e outros.

Ten na súa canle de Youtube infinidade de videos de técnica, mecánica, adestramento, rutas,…Se queres saber algo máis de Laura…

Web. https://lauraceldran.com
Tamén podes seguir súas aventuras nos medios sociais:- https://www.instagram.com/lauraceldrans/https://www.youtube.com/c/LauraCeldranSubielahttp://facebook.com/lauraceldransubiela

– Twitter: @lauraceldrans

Ela é un auténtico exemplo de paixón pola bici.

Mil grazas Laura pola túa mensaxe!

https://es-es.facebook.com/iesxograr/videos/991982721568858/?t=1

ENTREGANDO AGASALLOS AOS PARTICIPANTES

Grazas á xenerosidade de varias entidades, federacións e fundacións os alumnos e alumnas participantes na campaña “En bici ao Xograr. Anímarte a pedalear!” reciben cada semana detalles. Desde a Fundación Contador ata Cofidis, pasando polas Federacións Galegas de Ciclismo e de Triatlón, Sogama e Unisport. En resumo, bolsas, botellíns, bolígrafos, pulseiras, mascarillas, chaveiros, toallas, etc. Aquí están as fotos dalgunhas das entregas que, debido aos protocolos, teñen que ser en recreos distintos.

Taller de reparacións básicas e técnica sobre a bicicleta

Onte tivemos a gran sorte de contar con Marta Barbeito, técnica da Federación Galega de Triatlón. Da súa man aprendimos un montón de cousas a nivel teórico e práctico. Cousas de mecánica, de seguridade, de mantemento, de limpeza e de condución da bicicleta.

Marta explicounos a diferenza entre os freos de zapatas e os de disco, as diferentes medidas dos cadros e das rodas, os tipos de bicicletas, a que altura debe ir o sillín, como reparar un pinchazo,…

Recalcou a importancia de levar o casco ben atado, de gardar a distancia de seguridade, de comprobar o estado da bici, de respectar as normas de circulación e de facernos visibles cando haxa pouca luz, entre outras cousas.

Na parte práctica fixemos moitos xogos de habilidade sobre a bici, zigźags, carreiras de tartarugas, recollida de obxectos, acrobacias,…

E ademáis tíñanos preparadas varias sorpresas, desde agasallos para os participantes, ata unha mensaxes dun triatleta moi querido por mós, Iván Cáceres (ex-alumno do noso centro).

En resumo, unha sorte e un auténtico luxo contar con Marta para formarnos.

Agora toca poñer todo isto en práctica.

Grazas á Fegatri e a Marta Barbeito!