QUERES APRENDER DIFERENTES DANZAS DO MUNDO?

Ao longo do mes de abril practicaremos nos recreos dos mércores e dos xoves danzas populares de Países tan dispares como Rusia, Israel, Arxentina, Austria, USA,…

Se queres facer exercicio, aprender cousas novas, coñecer outras culturas e divertirte ven nos recreos ao ximnasio do Xograr.

bailes do mundo

Algunhas das danzas que practicaremos serán:

–        A Troika (Rusia)

–        A danza dos sete saltos (Dinamarca)

–        Zemer Atik (Israel)

–        A danza da Cruz (Polonia)

–        Oh Susana (USA)

–        A danza dos sete pasos (Austria)

–        Break Mixer (USA) …

                                          PARTICIPA E MÓVETE+ !

Advertisement

Salsa nos recreos do Xograr

Rematou a quincena da salsa, que finalmente ampliouse unha semana máis grazas ao gran interés que espertou entre os participantes.

As alumnas do ciclo Lara Fonteboa e Mitchelle impartiron de forma maxistral seis sesións nas que todos os asistentes (todas mulleres excepto un alumno) disfrutaron ao máximo dunha coreografía de salsa atrevida e moi completa.

A música utilizada fundamentalmente foi a canción de Marc Anthony “Vivir mi vida” e podemos asegurar que nos vivimos seis recreos con moito ritmo.

Grazas a Lara e a Mitchelle por todo o que nos ensinaron e grazas aos participantes por “darlle vida ao instituto”.

Mirade o titorial de coreografía que aportou Lara .

 

REMATOU A QUINCENA DO HIP-HOP!

Cunha pequeña exhibición diante dun grupo de alumnos e alumnas  de colexios de educación primaria adscritos ao noso institituto rematou o monográfico de Hip-Hop.

As irmás Dara e Darisa Jiménez Sánchez  dirixiron de forma amena e “marchosa” as sesión adicadas a este baile e escolleron os enlaces de internet Partition-Beyonce Dance video/°mattsteffanina choreography e o titorial Love more- Chris Brown  choreography.

GRACIAS A ELAS POR POR ENSINARNOS HIP-HOP E A  TODOS OS DEMÁIS POR PARTICIPAR.