Froitas tamén en xuño

Para despedir  o Plan de Consumo de froita, a semana pasada, tivemos no hall á nosa disposición mazás, plátanos, pexegos, cereixas e amorodos. Coma sempre, co noso cartel personalizado: esta vez con Miriam e Cristina que se prestaron a facer a foto na semana do mes de maio. Aínda que os destinatarios deste Plan son os alumnos e alumnas da ESO, vemos nas fotos a algún alumno de 2º de bacharelato que repoñía forzas para preparar as PAU, e algún profe que non se poido resistir…(hai máis pero non queren saír na foto).

Desexamos repetir o vindeiro curso!!

TERCEIRA SEMANA DO PLAN DE CONSUMO DE FROITAS

O pase de diapositivas require JavaScript.

Rematou a terceira semana do Plan de Consumo de Froitas. Esta semana disfrutamos de amorodos ( os que máis éxito teñen), mazá, melón, pexego e plátano. Como ven sendo habitual deixamos unha galería de fotos do noso alumnado disfrutando no lecer.

E por suposto, continuamos coa proposta de lecturas de libros que leven a froita no seu interior…

 

FROITAS NO MES DE ABRIL

Durante a semana do 7 ao 11 de abril, tivemos de novo a oportunidade de consumir froita fresca nos recreos.  Nesta ocasión, decidimos achegarnos ata a cociña para ver como alumnos de distintos grupos, lavan, cortan e preparan as froitas, para que ao salir ao recreo estean listas para comer.

Esta semana disfrutamos de amorodos, plátanos, mazás, melón e mandarinas. Ademais seguimos suxerindo, libros relacionados coas froitas.

Deixámosvos algunhas imaxes:

O pase de diapositivas require JavaScript.








COMEZOU O PLAN DE CONSUMO DE FROITAS

O luns 17 de marzo comezou no noso centro o PLAN DE CONSUMO DE FROITAS.  Durante  toda a semana, na entrada principal , houbo  froita  para que o alumnado  poidera  recuperar forzas dunha forma deliciosa e saudable.

Como novidade, este curso, aproveitamos o plan para propoñer a lectura de libros nas distintas linguas que estudamos e que leven a froita no seu título.

Desexamos que acade o mesmo  éxito que o curso pasado, aínda que os nosos reporteiros dín que a xente colle rápido a froita, pero escapando da cámara. Mirade que sodes vergoñentos…..

O pase de diapositivas require JavaScript.