CAL É O CUSTO COMPARATIVO DA BICI E DO COCHE PARA A SOCIEDADE?

A bicicleta non só é o vehículo de cero emisións por excelencia, os seus beneficios van moito máis aló.

Moverse en bicicleta supón unha actividade física moderada que produce unha mellora da nosa saúde.

Desprazarse en bicicleta significa reducir a contaminación acústica de maneira significativa.

Utilizar a bici supón aforro de tempo, evitarás embotellamentos e perdas de tempo na busca de aparcamento.

O uso da bici aporta autonomía, deixarás de depender do transporte público, doutros condutores…

Conducir unha bici supón un aforro económico automático e importante fronte a un coche ou calquera vehículo a motor.

Usar unha bici é un acto de inclusión, farás comunidade, a bicicleta fai unión na pescuda da sustentabilidade e na mellora da nosa contorna e da nosa sociedade.

En canto ao custo, diferentes estudos amosan o beneficio económico e  ecolóxico de usar a bici e deixar o coche no garaxe. Por exemplo, según un estudo danés cada kilómetro realizado en coche supón un custo para a sociedade de 3 céntimos de euro; mentres que realizar ese mesmo kilómetro en bicicleta supón un aforro para a sociedade de 42 céntimos de euro.

A Agencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) elaborou un gráfico no que podemos comprobar a pegada de CO2 de cada medio de transporte; en concreto, os gramos de CO2 que corresponden por pasaxeiro e por kilómetro en cada un dos medios de transporte principais, e que son causantes do efecto invernadoiro.

Qué medio de transporte contamina máis? Coche, autobús, avión, barco…

E agora… que medio elixes para viaxar?

REPORTAXE DA FUNDACIÓN TIC DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL

O xoves día 8 de abril tivemos a visita de periodistas do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.

Entrevistaron a profesorado e a alumnado participante na campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”. Filmaron varias tomas nas nosas instalacións e xa estamos desexando ver a reportaxe.

Grazas a Deputación por darlle publicidade ao proxecto de Mobilidade sostible e segura.

https://www.facebook.com/servizosaudiovisuais/?hc_ref=ART7criwZAU_ZU6hf1HO0wG-53C_0QhNL4akukLxjaU0UUSrnXGCHjy9gu9MHTJLOp0&fref=nf&__tn__=kC-R

RECIBINDO VARIOS PERCORRIDOS (TRACKS) E VÍDEOS DO ALUMNADO TRANSPORTADO

Alumnos e alumnas do centro que non poden vir a diario ao instituto por utilizar o transporte escolar, por vivir nos arredores ou por outros motivos, xa están a enviarnos percorridos feitos en fin de semana.

Aquí deixamos algún, un é no Monte Santa Cristina preto de Sarria e outros son no Incio. Estes últimos percorridos foron feitos por alumnado de 2º de Bacharelato Tomás, Urko e Unai. Tamén deixamos o vídeo dun descenso feito por Brais López Vilar no Monte Santa Cristina, este alumno forma parte do Club Dgh Team de Sarria.

APRENDENDO MÁIS COUSAS DO MUNDO DO CICLISMO

Agora que veñen as vacacións de Semana Santa é un bo momento para facer novas rutas e tamén, para ler e aprender novas cousas do apaixoante mundo das bicis.

Temos a vosa disposición na biblioteca lecturas moi interesantes que podedes levar en préstamo e tamén tedes, desde hai días, unha presentación moi completa nos videomonitores do centro. Boas vacacións a tod@s!

Aquí deixamos a presentación:

https://drive.google.com/file/d/1Pfv1SR_gW4gOdE5JjqONZfE9Ez4_zA7L/view?usp=sharing

Aquí tamén podedes escoitar información do proxecto “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!” no programa de Radio escolar. Desde o minuto 26 con 20 segundos ata o minuto 27 con cincuenta.

https://www.ivoox.com/radio-xograr-2020-2021-6-audios-mp3_rf_67484874_1.htmlo

Puede ser una imagen de 3 personas, al aire libre y texto que dice "RX Radio Xograr anímate a pedalear!!!"

A maiores deixamos o enlace dunha entrevista feita ao noso director, José Manuel Valcarce na que fala do proxecto.

https://galiciaxa.com/2021/03/sxa/des-otros-sxa/69347/

Alfonso Cabello primeiro padriño de “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”

Este ciclista cordobés, que compite en ciclismo adaptado nas modalidades de pista e ruta é o primeiro abanderado da nosa campaña. Alfonso Cabello gañou tres medallas nos  Xogos Paralímpicos de Verán nos anos 2012 e 2016.

Desde Londres non baixa do podio e na última edición do Campionato de España absoluto subiu ao podio dúas veces, competindo cos mellores ‘pistards’ nacionais sen discapacidade.

Humilde e incansable é o noso exemplo de superación.

Coma dixo nunha das súas últimas entrevistas:

 “La discapacidad no es ningún tipo de barrera”

Grazas a Alfonso por apoiarnos e ensinarnos que as marcas e os logros non saben de etiquetas.

Desde o Xograr desexámosche moita sorte para os Xogos de Tokio.

https://es-es.facebook.com/iesxograr/videos/207895047785628/?t=0

https://es-es.facebook.com/iesxograr/videos/207895047785628/?t=7

Resultados doutros Campionatos

Campionato do Mundo en Pista 2014 (MÉXICO) KM, C5 – OURO
Velocidade por Equipos, C1-C5 – OURO

Campionato do Mundo en Pista 2015 (Apeldoorn – NED) Km C5 – OURO
Velocidade por Equipos, C1-C5 – PRATA

Campionato do Mundo (Los Ángeles 2012) Km C5 – BRONCE
Velocidade por Equipos – BRONCE

Campionato do Mundo en pista 2016 (Monticciari, ITA) 1 Km Time Trial C5 Masculino – OURO
Velocidade por Equipos C1-C5 – BRONCE

Alfonso Cabello en su última subida a lo más alto del podio Mundial en Cánada 2020.

ESTREANDO A CAMPAÑA “EN BICI AO XOGRAR. ANÍMATE A PEDALEAR!” DA MAN DE FENÍE ENERGÍA

O pasado  8 de marzo estreamos a fase práctica do noso Plan de Mobilidade sostible e segura.

Tras realizar en decembro  unha formación de Seguridade Vial coa DGT nos cursos de 1º e 2º da ESO, o alumnado e o profesorado residente en Sarria comezou a  acudir ao centro escolar en bicicleta. Para o alumnado que utiliza transporte escolar propúxose unha ruta alternativa para disfrutar en familia unha tarde ou unha fin de semana. Outra opción alternativa é realizar un percorrido polo seu pobo e enviar o track e/ou fotografías para constatalo.

Toda a información está exposta no blog do Plan Proxecta  do Xograr https://proxectaxograr.wordpress.com/

Este proxecto conta con moitas sorpresas que, semana a semana iremos descubrindo, e conta con numerosos agasallos para os/as amantes da bici que se animen a traela e aparcala nos soportes que posúe o instituto. A campaña está a ter unha moi boa acollida.

Esta primeira quincena contamos co patrocinio de Feníe Energía, marca patrocinadora da Vuelta a España e entidade que apoiou o noso proxecto desde o primeiro momento.

Grazas a eles cada participante na campaña levará unha bolsa e unha pulseira reflectante e deste modo mellorará a súa visibilidade e a súa seguridade. A maiores Feníe acompañaranos durante máis semanas xa que sortearemos algo moi especial que nos aportou  desinteresadamente.

Bravo por Feníe Energía, apoiando o deporte e coidando do Medio Ambiente de maneira xenerosa e altruísta.

“EN BICI AO XOGRAR. ANÍMATE A PEDALEAR!”

Desde o luns 8 de marzo comezamos a campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”, e todos os membros da comunidade educativa que vaian en bicicleta ao instituto terán premio. Semana a semana daremos agasallos aos participantes nesta campaña. Grazas á colaboración de distintas entidades e tamén a axuda de equipos profesionais de ciclismo poderemos regalar moitas cousiñas, sorprenderémosvos. Tamén temos padriños e madriñas que lanzarán mensaxes de ánimo e serán embaixadores do noso lema. Iremos descubrindo pouco a pouco a estas persoas destacadas en distintos ámbiitos e unidas pola pasión pola bicicleta.

Comezamos a primeira semana con moita ilusión e da man de Fenie Energía, un dos patrocinadores de “La Vuelta” e que apoiou a nosa iniciativa desde o primeiro momento, grazas a eles teremos os primeiros agasallos para ciclistas e moitas máis cousas noutras semanas. Grazas a súa implicación poderemos premiar a tódolos participantes e apoiar a súa seguridade cunha mellor visibilización.

Home - Feníe Energía

Para o alumnado transportado, que non pode vir de luns a venres en bicicleta plantexamos dúas opcións para participar nesta campaña.

  • Realizar un percorrido polo voso pobo, tentando que sexa por un espazo natural e sen tráfico. Para ter constancia da realización debedes enviarnos unha fotografía aos profesores/as de Educación Física ao noso correo e/ou un track do percorrido (os/as maiores de 16 anos coñecedes varias aplicacións).
  • Realizar un percorrido alternativo en Sarria, case na súa totalidade en plena natureza (deixamos aquí o resumo) , ideal para disfrutar en familia. Quince ou vinte minutiños en bicicleta, a ritmo cómodo, polos arredores do instituto disfrutando da contorna natural das Aceas. Facede fotografías e/ou gardade o percorrido a través dunha aplicación, teredes que enviarnos a constancia da realización dese percorrido.

Deixamos aquí unha guía do percorrido: saída do Ies Xograr Afonso Gómez, chegar a Garda Civil, facer a ruta das Aceas corta ata a primeira ponte sobre o río, cruzar a ponte, chegar ao Estadio de fútbol da Rivela, cruzar ata a Avenida Castelao por detrás da fábrica de Manosa, desde alí Avenida Castelao ata o Pavillón Novo do Chanto, bordear o Campo de Rugbi, chegar ao Parque Biosaudable e voltar ao Instituto (Punto de saída). Imaxes do punto de saída, da ruta das Aceas e do plano do percorrido