Este ano conmemoramos esta data dunha forma moi especial, estreando o sistema de préstamo de bicicletas do noso IES. Contamos con oito bicletas e con varios cascos para ceder ao alumnado.
A maiores continuamos, por terceiro ano consecutivo, coa campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”
Este traballo foi elaborado polo alumnado de 3º da ESO coa profesora de Bioloxía Iria Gómez e fainos reflexionar sobre o aire que respiramos.
Grazas a o traballo colaborativo de alumnado, profesorado e persoal de servizos o noso IES ven de gañar o 1º Premio no concurso autonómico “Xeración ECO”. De outubro a xuño o noso centro participou nun reto mensual co obxectivo de promover a sostibilidade, eses retos foron valorados de forma moi positiva e o resultado foi a obtención da mellor puntuación a nivel autonómico.
Eleváronse propostas ao Concello, analizouse a contaminación por microplásticos no río, realizáronse mosaicos con envoltorios de chuches, un “truco-trato” nos recreos dando lambetadas a cambio de tapóns de plástico (que enviamos para colaborar nunha causa solidaria), realizáronse enquisas para promover o aforro de auga nos fogares, elaborouse xabón reciclando aceite caducado dun mercado local, recolleuse auga de chuvia e regáronse árbores, fíxose un “Clean Grafiti” con esa agua recollida, reciclamos e decoramos botellas de plástico, xogamos con material reciclado, fixemos un RAP pola sostibilidade, decoramos en Nadal con papeis de xornais, elaboramos paralelogramos con xornais e fixemos tamén con eles un estudo de figuras xeométricas. Fixemos sendeirismo e recollemos lixo da natureza, pintamos papeleras coma canastras de baloncesto, promovemos recreos con cero resíduos, conmeoramos o Día da Saúde e tamen o día sin ascensores (facendo cálculos de consumo calórico e de aforro enerxético), promovimos a mobilidade sostible e colaboramos na limpeza do monte cun club ciclista local, fixemos presentacións variadas para promover o aforro de auga, papel e enerxía así como para coñecer os efectos da contaminación e da xeración de resíduos, promovimos o consumo de produtos Km 0 e un longo etc. A maiores non podemos esquecer citar o xa tradicional “Concurso de Aulas limpas” coa colaboración do persoal de limpeza do centro.
Este premio consiste na dotación ao instituto de oito bicicletas para facer préstamos ao alumnado (catro de adulto e catro para rapaces/zas de 12 anos) e dun parking con dez plazas.
Gran resultado para un gran traballo de equipo, con esta dotación impulsaremos a mobilidade sostible entre o alumnado con máis forza se cabe.
NOVOS AGASALLOS PARA O ALUMNADO PARTICIPANTE NA CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE
Nesta ocasión o equipo de ciclismo Froiz, a través do supermercado local, colabora connosco agasallando ao alumnado con roupa específica de ciclismo: maillots de contrarreloxo, chaquetas, chuvasqueiros, camisetas, pantalóns curtos… e tamén botellíns.
Mil grazas a supermercados Froiz por encher de ilusión aos amantes do ciclismo.
Como non podía ser doutro modo celebramos o Día Internacional da bicicleta agasallando ao alumnado participante na campaña de mobilidade sostible “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”.
Grazas á colaboración de distintas entidades o alumnado recibiu ao longo de curso regalos e neste día tan especial recibiron unha camiseta do equipo de ciclismo francés AG2R.
A maiores repartimos tamen distintos materiais do equipo ciclista Froiz (a través da colaboración do supermercado Froiz de Sarria).
Por último un alumno que veu en bicicleta todos os días do ano, Mateo Cumnbraos, recibiu un reloxo grazas a Fennie Energy.
No Xograr interésanos saber se estamos a promover unha mobilidade saudable, sostible e segura.
A nosa campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!” non é unha actividade puntual se non que trata de crear unha filosofía de vida comprometida co medio ambiente e iso implica tamén o tempo de lecer.
O alumnado participante na Campaña de mobilidade sostible recibiu unha morea de agasallos grazas á colaboración da Dirección Xeral d eTráfico, cada un deles recibiu unha mochila, un reflectante e unha luz.
Agasallos que reforzan a seguridade sobre a bici e que impulsan a ilusión de disfrutar sobre dúas rodas.
O piragüista olímpico, nacido en Venezuela pero que vive en Viveiro desde neno é o noso padriño da campaña de mobilidade sostible en maio. O Gañador do Ouro Olímpico en K2 200 metros nas Olimpíadas de 2016 de Río de Janeiro e posuidor de numerosas medallas en campionatos do Mundo e de Europa, xa está remando coa mente posta nas Olimpiadas de París 2024.
En concreto a nivel internacional foi catro veces subcampión do mundo e doble campión de Europa. Ademais Cristian compaxinou a alta competición cos estudos do Grao de Fisioterapia na UCAM.
Todo un exemplo de sacrificio e traballo. Moitas grazas Isaac!
“ECOPILAS” empresa colaboradora oficial da Volta a España, colabora tamén con nós para agasallar ao alumnado que utiliza a bici para vir ao instituto ou ben para desplazarse fóra do horario lectivo. Deste modo todos/as os participantes na Campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!” recibiron un chaveiro en forma de bici, un protector labial e un contedor de pilas.
Moitas grazas a ECOEMBES por promover os hábitos de vida saudables e sustentables.
GOZANDO DO INTERCAMBIO CO IES MARÍA SARMIENTO DE VIVEIRO
Con este instituto únennos moitas cousas pero sobre todo as gañas de impulsar o uso da bicicleta e a mobilidade sostible entre o alumnado. Deste xeito cando profesorado e alumnado de Viveiro viñeron a Sarria utilizaron as nosas bicicletas e fixeron unha ruta de sendeirismo. Cando fumos nos a Viveiro fixemos tamén unha fermosa ruta de sendeirismo e vimos as súas instalacións e materiais.
Nas clases de Educación Física traballamos aspectos técnicos de forma lúdica, así realizamos actividades de condución, equilibrio, xiros, frenadas, etc. Tamén saímos á zona natural para gozar ao máximo dos desprazamentos sobre dúas rodas.
Xa temos no noso centro, e durante quince días, vinte bicicletas en préstamo, Grazas a colaboración da Dirección Xeral de Tráfico poderemos utilizar estas bicicletas e mellorar a habilidade do alumnado sobre dúas rodas.
Moitos/as alumnos e alumnas non poden vir a diario ao instituto en bicicleta por utilizar transporte escolar ou por outros motivos pero, no seu tempo de lecer, utilizan a bici e fan rutas pola comarca,