NO NADAL FESTEXA, AGASALLA E REUTILIZA A ESGALLA

“NO NADAL FESTEXA, AGASALLA E REUTILIZA A ESGALLA”.

Aproveitando estas datas tan sinaladas lanzamos o noso primeiro reto da Escola Verde.

O Nadal adoita ser unha época moi marcada polo consumo, agasallar e decorar é unha  parte esencial do encanto destas festas,  por iso cremos que é un momento ideal para sensibilizar á comunidade educativa no relativo á reutilización e á reciclaxe. Envolver os nosos agasallos co papel dos xornais vellos, darlles unha segunda vida ós tapóns de plástico ou cartóns para elaborar adornos navideños son algunhas das propostas que suxerimos para aportar o noso pequeno pero decisivo gran de area!

Por todo isto a última semana antes das vacacións proxectamos nas aulas de 1º da ESO un vídeo informativo que ten como obxectivo a toma de conciencia acerca das dramáticas consecuencias que ten no medio ambiente a sociedade de consumo. Pódeslle botar unha ollada ó video tanto no facebook coma no blog do instituto.

Anímate a participar decorando con materiais de refugallo, reciclando, etc.

Comparte algunha foto ou comenta a túa experiencia cos compañeiros e familiares.

Mira o video e comenta esta publicación no facebook cunha foto que amose o teu compromiso co medio ambiente. Cada xesto suma, únete a cadea do Xograr. Agardámoste!
https://youtu.be/ZdveW6irfpU

 

Ideas doutros anos…

Aqui publicamos algunhas das fotografías que aportaron varios membros da comunidade educativa á volta do Nadal. Grazas por colaborar no proxecto!

ENTREGADOS OS PREMIOS DAS “AULAS XEITOSAS”

Un ano máis continuamos co programa  “Coidemos o noso centro” e dentro del lanzamos o concurso Aulas Limpas para o alumnado da ESO.

Este concurso consiste no traballo conxunto do persoal de limpeza, profesorado e alumnado do instituto para manter as instalacións limpas e ordenadas. Así, día a día os/as limpadores/as avalían o estado de orde e limpeza de cada aula e ao remate do trimestre emiten o seu veredicto. Deste xeito as aulas premiadas en decembro do curso 2019-20 foron 3º de ESO B e 2º de ESO A.

O grupo clase recibiu un diploma para a clase e cada alumno/a máis o titor/a foron obsequiados con agasallos para reforzar e motivar a súa concienciación ambiental. Traballar nun ambiente agradable mellora o clima de clase, a convivencia e axuda a manter en boas condicións o espazo que compartimos. Grazas á colaboración inestimable de SOGAMA por axudarnos e apoiarnos en cada iniciativa que lanzamos.

Noraboa!!!

Diploma:    diploma aulas limpas

XOGRARÍZATE, PENSA EN VERDE

Dende o Ies Xograr Afonso Gómez queremos dar un paso máis no noso compromiso co coidado do medio ambiente e este curso iniciamos o Plan Proxecta Escola Verde.
Nos últimos anos puxemos en marcha pequenos proxectos que tiveron coma finalidade conquerir una concienzación da comunidade educativa tentando ser un grupo responsable e unido cara ao coidado dos nosos espazos e instalacións. Este traballo constante permitiulle ao IES Xograr Afonso Gómez conseguir o Premio Ecovaledor concedido pola entidade SOGAMA en xuño do 2019:
http://www.sogama.gal/es/noticia/el-presidente-de-sogama-entrega-al-ies-xograr-afonso-g%C3%B3mez-de-sarria-el-premio-ecovaledor
Durante o curso actual manteranse vivos algúns de ditos proxectos e levaranse a cabo outras propostas novas. Así, tentarase traspasar os muros do centro a través do coidado e mantemento dos espazos verdes lindeiros e da promoción de hábitos e actitudes compatibles coa protección do medio ambiente dende os fogares. O protagonismo recaerá sobre o alumnado, actuando o equipo docente como facilitador e guiador das distintas actividades.
Consideramos que un incremento da conciencia ambiental colectiva redundará moi positivamente nas relacións persoais e no fomento da empatía entre os membros da comunidade educativa. A través deste proxecto tamén se pretende que as aprendizaxes adquiridas relacionadas coa mellora da orde e limpeza das instalacións do centro sexan transferidas á vida familiar e social.
En resumo, a finalidade deste proxecto é a creación dunha cadea solidaria co medio ambiente que una á counidade educativa do Ies Xograr Afonso Gómez e chegue máis aló.
Bríndasenos unha gran oportunidade, xa que somos un dos dez centros seleccionados en toda Galicia para desenvolver o Plan Proxecta Escola Verde. Non hai tempo que perder,….. en breve teredes información importante!!

 

Para comezar o xurado do concurso de Beléns valorará a utilización de productos de refugallo e a reciclaxe nos traballos presentados.

cartel Beléns

 

 

 

Quérote + curso 2018-2019

“Quérote+: Afectividade, sexualidade e convivencia na adolescencia”. Un ano máis o IES Xograr participa no programa Quérote+ do Plan Proxecta debido á necesidade de implementar contidos relacionados coa afectividade, sexualidade e convivencia entre os sexos entre o noso alumnado adolescente. O programa implementouse en 3º ESO A e en 3º PMAR e nel traballáronse os seguintes contidos:

  • Presentación do recurso Quérote+, usos e funcionalidades e aprendizaxe práctica no uso do seu servizo de consultoría anónima e confidencial.
  • A Educación Sexual: Que entendemos por Educación Sexual? Que inclúe a Educación Sexual? Que dúbidas ten o alumnado sobre a sexualidade? Nesta actividade o alumnado reflectiu anonimamente as súas dúbidas relacionadas coas sexualidade e incidiuse no uso do recurso web Quérote+ para solventar certas dúbidas.

ficha 2

  • A orientación do desexo e a identidade sexual. O coñecemento das diferentes sexualidades e identidades sexuais é un aspecto fundamental para o respeto e a convivencia.
  • O modelo de amor romántico: tópicos e mitos que provocan unha idealización do amor que pode conducir á relacións tóxicas. Cualidades top-ten nunha parella?
  • A relación dos sexos a través da tecnoloxía. Relacionámonos igual no mundo físico e no mundo virtual? Que normas debemos seguir nas nosas relacións a través de medios tecnolóxicos?
  • Cultivando habilidades. Cómo facer fronte á presión do grupo?

ficha 6 1

  • Aconcepción e concepción. Que prácticas sexuais teñen risco de embarazo e cales non? Que son as enfermidades de transmisión sexual e como previlas?

ficha 7 1

A educación afectivo-sexual é unha parte fundamental no desenvolvemento integral do noso alumnado e as actividades desenvoltas mediante o programa Quérote+ contribúen excepcionalmente a garantir dito desenvolvemento integral das mozas e mozos do noso IES.

Quérote+ no Xograr

“Quérote+: Afectividade, sexualidade e convivencia na adolescencia” xurde de experiencias previas de carácter positivo no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria participando no programa Quérote+ en cursos anteriores así como da necesidade de implementar contidos relacionados coa afectividade, sexualidade e convivencia entre sexos na etapa da pubertade. O ámbito da acción titorial preséntase como o  máis práctico para implementar estes contidos e  así no curso 2017-18 implementouse dito programa para todo o alumnado de 3º ESO do noso IES no horario de titoría lectiva.

Os contidos desenvoltos en dito programa foron os seguintes:

  • Presentación do recurso web Quérote+ e aprendizaxe práctica no uso do seu servizo de consultoría.
  • Educación sexual. Que é a educación sexual? Que abarca a educación sexual?
  • Orientación do desexo e identidade sexual.

    Algúns dos traballos elaborados polo alumnado foron os seguintes:

  • O modelo do amor romántico.IMG_20180612_131215 amor romántico
  • A relación dos sexos a través da tecnoloxía.
  • Cultivando habilidades. Prácticas de role playing entrenando habilidades asertivas.
  • Aconcepción e concepción. Actividade sobre prácticas sexuais conceptivas e aconceptivas e información sobre infeccións de transmisión sexual (ITS).

Sen dúbida unha experiencia moi gratificante e na que compre profundizar nos vindeiros cursos.

MATERIAIS MULTIDISCIPLINARES

Para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia e para colaborar na posta en marcha do Plan de Convivencia do centro, alumnado e profesorado do Ies Xograr Afonso Gómez elaboramos en conxunto diferentes materiais para promover valores como solidaridade, respeto e tolerancia.
De forma multidisciplinar e en colaboración co Departamento de Orientación do centro, coordinamos os proxectos Quérote + “Socialízate”, Proxecto Deportivo de Centro “En forma no Xograr” e Móvete + “Atopa o teu ritmo no Xograr” para elaborar os seguintes materiais:

ÚNESTE?


RAP pola Paz

Xogos cooperativos pola Paz “Xuntos moito mellor”

CINE EN CURSO: AERÓDROMO CHÁ

Un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de bacharelato do Xograr, no marco do Plan Proxecta, participaron no programa “Cine en curso”. Deixamos aquí algunhas imaxes do seu traballo na Terra Chá luguesa, xunto cun vídeo dunha entrevista realizada e o resultado final do seu traballo.

O pase de diapositivas require JavaScript.