Ao longo do mes de abril tentaremos celebrar varias conmemoracións relativas á saúde e ao coidado do Medio Ambiente. Propoñeremos varios retos aos membros da comunidade educativa coa finalidade de mellorar a nosa saúde e tamén a saúde do noso planeta. O primeiro reto é sumarnos á iniciativa “30 días en bici”, consiste en que cada membro da comunidade educativa trate de utilizar a bicicleta para ir ao traballo, facer recados, pasear,…queremos construír unha ” feliciudad a pedaladas”. Para iso temos un padriño de excepción, Justo González, ciclista de Sarria. Justo súmase á Campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”, e invítanos a usar a bicicleta. A que esperas?
“30 Días en Bici” é unha campaña anual. Cada mes de abril trátase para promocionar o uso cotián da bicicleta como elemento de mobilidade persoal pola cidade durante trinta días. Así se xera o hábito de moverse en bicicleta. Anótaste? Adquires o compromiso de utilizar a bici cada día do mes de abril para facer un recado, dar unha volta, ir ao instituto, dar un paseo,… ?
Paso 2: pedalea e convida a outros amigos/ as a pedalear
Paso3: repite os pasos 2 e 3 cada día do mes de abril.
Paso 4: celebra a consecución do reto. Sóamente por participar entrarás no sorteo de dúas bicicletas.
A que agardas?
CHARLA DE SEGURIDADE VIAL A CARGO DE STOP ACCIDENTES GALICIA
O alumnado de 1º,2º,3º recibiu unha charla sobre” mobilidade sostible e papel como peatón e coma pasaxeiro”, o alumnado de 4º da ESO recibiu unha charla sobre “Alcol, drogas e velocidade”.
Unhas sesións moi interesantes a cargo de monitores de Stop Accidentes nas que descubrimos os efectos que poden provocar as conductas imprudentes, tanto coma condutor coma se somos peatóns.Tamén quedou clara a importancia de respectar as normas de tráfico, levar casco e ter os cinco sentidos ao volante.
TALLER DE INICIACIÓN AO SKATE
Para continuar co impulso á mobilidade sostible e descubrir novas posibilidades organizamos un taller no que o alumnado descubriu como desprazarse en monopatín, os distintos tipos que existen, a importancia de utilizar proteccións e diferentes exercicios de progresión sobre o Skate. Para iso varios grupos da ESO recibiron un taller de Skate impartido por Uxío Rodríguez da escola de Surf de Viveiro. Uxío realizou unha progresión para o alumnado e todos puideron gozar sobre os Skates, iso si, utilizando proteccións. Tamén o alumnado de Bacharelato recibiu a charla “O importante é chegar”, impartida por persoal de FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) para concienciar sobre os accidentes de tráfico.
Ao longo da pasada fin de semana o Club de ciclismo DhgTeam realizou unha “sachoquedada” co obxectivo de limpar o monte Santa Cristina (recoller lixo) e revisar e limpar de maleza os percorridos de descenso que xa existen no monte. A maiores deseñouse e ampliouse unha nova ruta. Colaboramos na creación dun salto e de peraltes para trazar curvas con seguridade no descenso.
Varios profesores/as e alumnos do centro colaboraron tanto o venres coma o sábado e o domingo nestes traballos. Gran inicitiva do Club Ciclista sarriao que mobiliza a moitos rapaces e inculca valores de coidado do Medio Ambiente. Moita grazas por convidarnos a participar!https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/sachoquedada-sarria/202203081816591563026.html
Erik Quintela. primeiro padriño da campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”
Continuamos con ilusión cara ao obxectivo de conseguir un centro educativo máis sostible e saudable. Neste camiño apóiannos caras amigas e quen mellor que un deportista de alto nivel para sumarse ao noso lema… Erik Quintela, xogador lucense do Leite Río Breogán, equipo da ACB.
Erik é un traballador incansable, xogador de equipo e unha persoa comprometida cos valores do deporte.
Estamos a falar dun deportista tenaz, que non deixou de medrar na súa traxectoria profesional, formando parte de equipos como Cambados, Clavijo ou Palma.
Agora está a gozar do seu mellor momento co equipo da súa cidade. Noraboa Erik e moitas grazas!
Coma o frío non nos frea, cada día, a pesar de ser finais de novembro, seguimos a ver bicicletas nos soportes. E, como non podía ser doutro xeito, diferentes casas comerciais e/ou empresas, seguen colaborando coa nosa campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”.
Este ano a primeira é Husqvarna, unha potente empresa de maquinaria forestal profesional e de accesorios para o coidado do xardín. Esta marca ten en Sarria unha distribuidora oficial (Agrolugo) e apoiaron a iniciativa de mobilidade sostible agasallando ao alumnado con mochilas e botellíns. Todos/as os profesores/as ou alumnos/as que enviaron percorridos, viñeron en bicicleta ao instituto ou colaboraron nesta iniciativa tiveron o seu material. Moitas grazas Husqvarna!!
A Semana Europea da Mobilidade é unha campaña de concienciación dirixida a sensibilizar aos cidadáns en canto ao uso do transporte público, en bicicleta e peonil e a animar ás cidades europeas a que promovan estes modos de transporte e a que invistan nas novas infraestruturas necesarias para isto.
O IES Xograr segue firme no seu compromiso coa educación ambiental e coa promoción da saúde.
Comezamos o curso escolar 2021-22 con moita ilusión e con novas propostas para manter e mellorar a nosa saúde e coidar do Medio Ambiente.
Neste curso daremos continuidade á campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!” e combinaremos as propostas de desprazamentos activos ao centro con outras actividades sostibles.
A mellor forma de empezar é conmemorar a Semana Europea da Mobilidade sostible. Deste xeito, tódolos alumnos/as, profesores/as e persoal de servizos do centro que veñan nesta semana en bicicleta ao instituto recibirán un agasalllo.
Coidemos da nosa saúde e da saúde do Medio Ambiente!
Hoxe remata un curso moi intenso e, tamén hai que dicilo, complexo polas dificultades xurdidas pola pandemia. Tamén hai que dicir que a bici axudounos a superalas.
Agora soamente queda desexarvos unhas boas vacacións, animarvos a usar a bicicleta durante o verán e darvos un consello, collades o camiño que collades non esquezades o casco. Ata o ano!
Para rematar aqui deixamos o enlace para que escoitedes o último programa de radio escolar deste curso, nel podedes escoitar información do proxecto de Mobilidade Sostible e Segura (información sobre as actividades realizadas polo Día da Bicicleta, entrevistas,…) https://www.ivoox.com/radio-xograr-2020-2021-9-audios-mp3_rf_71987840_1.html no minuto11:40 podedes escoitar á Subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez, falando do proxecto. Tamén entre os minutos 35:05 e 38:30 aos nosos padriños deste mes coas súas mensaxes e a un alumno de 1º da ESO contando a súa experiencia na campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”. Que disfrutedes. Bo verán!
O deportista paralímpico Álvaro Illobre é o noso derradeiro padriño deste ano. Álvaro, natural de Ares, participou en dúas Paraolimpiadas, nas de Sidney de 2000 e nas de Pekín de 2008 na modalidade de tenis.
Álvaro é un excepcional deportista, de cativo competiu en baloncesto en cadeira de rodas, logo destacou no tenis adaptado e na actualidade tamén participa en Triatlón.
Persoa xenerosa e comprometida, Álvaro xa colaborou con nós noutras actividades e non deixou pasar esta oportunidade para enviarnos a súa mensaxe. Grazas por todo!