APRENDENDO INGLÉS E CICLISMO

O Equipo profesional de Ciclismo EF Education First, coa súa máxima “cando exploras aprendes”, comparte con nós unha serie de videos para explorar o mundo e ao mesmo tempo aprender inglés.

O profesorado de Inglés xa posúe os enlaces para visionalos con vós.

Este equipo norteamericano, coñecido pola cor rosa nos seus maillots colabora tamén no noso proxecto “En bici ao Xograr” doando distintos materiais.

Aproveita e pon a punto a túa bici seguindo o video que nos comparten. aprende a limpala e a engraxala e familiarízate co volabulario en inglés.

EF & Ciclismo

ESTADÍSTICO DO IES XOGRAR SOBRE POSESIÓN DE BICICLETA

En poucos días comezaremos a ir en bicicleta ao instituto e antes diso é importante saber cantos de nós temos bicicleta e si sabemos usala (ou se estamos seguros montando nela).

No gráfico seguinte aparecen os datos de cada nivel. A maiores disto hai moitos alumnos/as que veñen en transporte escolar ao centro e para eles/elas será máis complexo poder usala cada mañá.

Por último comentarvos que xa temos encargados novos aparca bicicletas, así que pronto poderemos estrealos.

Temos que salientar que do total do alumnado do centro, 350 alumnos e alumnas, 120 utilizan o transporte escolar, en concreto 85 alumnos/as da ESO veñen a diario ao instituto no autobús escolar.

CONTACTOS CON EQUIPOS E ENTIDADES CICLISTAS

Antes de Nadal escribimos emails a diferentes equipos e entidades ciclistas. A nosa intención foi buscar colaboracións para potenciar o uso da bicicleta entre a comunidade educativa. A colaboración solicitada iba desde a grabación dun video por parte dos deportistas invitando a vir en bicicleta ao instituto ata a doazón de material para sortear entre os/as alumnos/as máis implicados.

As respostas non tardaron en chegar. Unipublic (empresa organizadora da Volta a España) regalounos diferentes materiais para sortear e a Fundación Alberto Contador tamén.

Estamos agardando a chegada de videos da Fundación Euskadi.

En canto deixe de chover empezamos!

COÑECE A NOVA NORMATIVA PARA CIRCULAR CON PATINETE ELÉCTRICO

Estrenamos o ano con novas de interese.

A partir de 2021 os patinetes eléctricos quedarán regulados e a normativa imposta pola DGT será moi estrita: non poderán exceder os 25 km/h, deberán circular polas estradas e deberán rexirse á mesma normativa do vehículo. Ademáis non poderán ir pola beirarrúa nin por zonas peatonais.

Os/as condutores/as non poden conducir usando o teléfono móbil nin usar cascos. Son considerados vehículos dunha praza por iso só poderá ir unha persoa no monopatín, o incumprimento desta norma podes er sancionado con 100 euros de multa (artículo 9.1.5.E del RGC).

Tamén deberán levar prendas reflectantes ou iluminación cando circulen de noite

Se queres saber toda a información tica neste enlace: http://revista.dgt.es/es/noticias/nacional/2019/12DICIEMBRE/1204instruccion-dgt-vehiculos-de-movilidad-personal.shtml#.X_g4JRaCHcs

Formación sobre Educación Vial

PRIMEIRA FORMACIÓN

O 22 de decembro o alumnado de 1º e 2º da ESO tivo unha videoconferencia sobre Educación Vial, impartiuna Laura García Crespo (ccordinadora de Eduacación Vial en Lugo). A charla foi moi interesante xa que todos aprendimos aspectos relativos á normativa vixente tanto cando desempeñamos o papel de peóns coma cando somos ciclistas. A importancia de levar casco, de ocupar os carrís bici, etc.

Tivemos ademais a oportunidade de preguntar dúbidas e debatir. Foi unha introdución xenial para o noso proxecto de mobilidade sostible e segura.

Deixamos aquí un vídeo para comprender a importancia de levar reflectantes, chaleco e luces nos días de pouca visibilidade.

Publicamos tamén un debuxo feito por unha alumna do centro para concienciarnos sobre a importancia de respectar as normas de tráfico e de manter a distancia de seguridade. Bravo Sofía!

MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA NO XOGRAR. Un paso máis cara á saúde

COMEZAMOS…

Un curso escolar máis, un Plan Proxecta máis. E nesas estamos, comezando un novo proxecto con toda a ilusión.

O noso centro leva anos deseñando e solicitando proxectos co obxectivo de promover a saúde e a práctica física entre os membros da comunidade educativa. Tamén, e non menos importante, lanzando iniciativas para o coidado do medio ambiente, grazas a elo o Ies Xograr Afonso Gómez posúe galardóns e selos de calidade coma O “Sello de vida saludable”, o distintivo de “Ecovaledor” ou o recoñecemento coma “Centro Cardioprotexido”.

Este ano queremos dar un paso máis e seguindo as instrucións educativas neste contexto Covid que estamos a vivir, potenciar a mobilidade segura e as rutas en bicicleta e a pé para vir ao centro escolar.

Queremos reintroducir a educación viaria no contexto escolar coma motor dun cambio de estilo de vida. Por unha banda para formar usuarios da vía pública responsables e respectuosos e por outra banda coma promotores do coidado dunha comunidade solidaria co medio ambiente e co resto da sociedade.

Desde o instituto imos aportar o noso gran de area para conquerir unha vila máis sostible e crear novos entornos de benestar para vivir.

Comezamos!!!!!

Caminar es la primera cosa que un niño quiere hacer y la última que una persona mayor desea renunciar. Caminar es el ejercicio que no necesita tener gimnasio. Es la prescripción sin medicina, el control de peso sin dieta, y el cosmético que no puede encontrarse en una farmacia. Es el tranquilizante sin pastillas, la terapia sin un psicoanalista, y el ocio que no cuesta un céntimo. Y además, no contamina, consume pocos recursos naturales y es altamente eficiente. Caminar es conveniente, no necesita equipamiento especial, es auto-regulable e intrínsecamente seguro. Caminar es tan natural como respirar”

John Butcher, Fundador del Walk21, 1999

Animamos a toda a comunidade escolar a sumarse a esta iniciativa, lembramos que un dos motivos que move a creación deste proxecto é seguir as instrucións da ORDE COMUNICADA DO MINISTRO DE SANIDADE, DO 27 DE AGOSTO DE 2020, MEDIANTE A QUE SE APROBA A DECLARACIÓN DE ACTUACIÓNS COORDINADAS EN SAÚDE PÚBLICA FRONTE AO COVID-19 PARA CENTROS EDUCATIVOS DURANTE O CURSO 2020/21.

II. Recomendacións referidas a centros educativos.

24. Priorizar, na medida do posible, a utilización de espazos ao aire libre.

27. Recomendarase á cidadanía a priorización do transporte activo (andando ou en bicicleta) en rutas seguras á escola como opción de mobilidade que mellor garante a distancia interpersoal, ao ser, ademais, unha opción máis saudable e que evita compartir espazos pechados.

Pola túa saúde, pola de tod@s utiliza medios activos de locomoción.

Protéxete e protexe ao Medio Ambiente. Xograrízate e pensa en verde!

Reto de Maio “Camiñar e non contaminar”

Por fin podemos saír, eso sí,  os máis pequenos seguindo a regla dos tres 1 (unha hora, 1 km, cun 1 adulto).

Agora propoñemos a nosa alternativa.

1 hora, 1 paseo (en bici ou camiñando) e  1 ruta segura

Xusto antes da pandemia falamos con Félix Seijas o concellal de Seguridade, mobilidade e tráfico para plantexarlle que desde o proxecto Escola Verde queríamos propor o deseño de rutas escolares seguras (a pé e en bicicleta). A idea gustoulle moito, xa sabía cousas deste tema e quedamos en ver as posibilidades. Por mor da pandemia non puidemos volver a falar, retomaremos este tema cando pase o estado de alarma.

Vós podedes aportar ideas facéndonos chegar rutas viables desde ás vosas casas ata as cercanías do instituto.

Aproveitade as vosas saídas para anotar ideas e propostas. No instituto xa contamos con tres aparcabicis  e queremos ter máis.

Lembra, hai moitas cousas que podes facer para aportar o teu gran de area:

– máis saúde e menos contaminación.

– máis músculo e menos ascensor.

– Rodas sí, pero de patíns e monopatín.

– Aprende como ser un bo ciclista (sinalizacións, normas de circulación, etc)

– Fai actividade física en familia.

Pronto voltaremos a vernos, por qué non en bici?

Coidádevos moito! Coidemos do planeta!

 

1º Reto do confinamento

NOTA: Tamén podedes colgar directamente as fotos no Facebook do instituto.

Preme no seguinte enlace e accede a toda a información e á receita: Fabricación de pan. Escola Verde

O primeiro en unirse ao reto foi o Departamento de Educación Física. Velaquí a proba do mesmo: un pan ben xeitoso, cunha pinta excelente e 100% caseiro!

Agardamos con ansia as vosas fotografías!

whatsapp-image-2020-04-14-at-15.28.15

Aquí nos achegan máis exemplos:

pan

WhatsApp Image 2020-04-25 at 20.34.57

Ata hai quen se atreveu a facer pan de hamburguesa!

pan h

“NO CONFINAMENTO ADEUS AO ABURRIMENTO” Aforra enerxía na corentena

Nestes días de confinamento o proxecto Escola Verde non para. Aínda que é difícil non ver as nosas amizades e non ter a liberdade de saír da casa, podemos cada un de nós aportar o noso gran de area para que cando saiamos o planteta teña máis saúde que nunca.

Lanzamos agora o reto do mes de abril. “No confinamento adeus ao aburrimento” se trata de buscar alternativas ás redes sociais e as pantallas e asemade aforrar enerxía. Fai deporte na casa, xoga a xogos de mesa, colabora nas labouras da casa e sobre todo… aforra enerxía na corentena.

Aforremos enerxía, con pequenos xestos axudaremos a aforrar económicamente ás nosas familias e coidaremos ao planeta.

Consellos:

– Utiliza un ladrón (peza que se adapta ao enchufe) e usa o botón Star para cortar o consumo.

– Apaga o router pola noite se non vas a necesitar a rede Wifi.

– Sé consciente das horas que estás ante unha pantalla. Fai un uso responsable.

– Colabora nas tarefas do fogar (pon a lavadora soamente cando estea chea e o mesmo co lavalouzas).

– Utiliza a luz natural sempre que poidas.

– Apaga a luz ao saír das habitacións. Lembra a cartelería do instituto.

“Apago luces, regulo radiadores e son consciente do aforro para os maiores”

Escoita cuña publicitaria no programa de radio do día 11 de abril. Podes escoitar os consello de Escola verde no minuto 30 con vinte segundos ata o minuto 31 con quince segundos. Pincha no seguinte enlace. Grazas Radio Xograr!

https://www.ivoox.com/radio-xograr-dende-casa-2-audios-mp3_rf_49914989_1.html

Moito ánimo. Coidádevos e coidemos entre tod@s do Planeta.

Agardamos vervos pronto!

FAI A COMPRA LENDO O ETIQUETADO E NON ESQUEZAS LEVAR A TÚA BOLSA AO SUPERMERCADO

O reto de marzo está en marcha….Sabes realmente o que estás a mercar cando escolles un produto no supermercado? En que baseas a túa elección? Consideramos moi importante recalcar a importancia de ler detidamente o etiquetado daquelo que consumimos…prestando atención á súa  composición e calidade dos ingredientes, á súa procedencia, á data de caducidade, ó prezo, etc. Non te deixes enganar pola publicidade, que non escollan por ti! Ti decides que consumes!!

Ademais recorda o aprendido ata agora…non so é fundamental reciclar, tamén é necesario reducir o consumo de produtos contaminantes: se levas a túa bolsa ao supermercado farás unha compra máis sostible, aforrarás cartos e axudarás a evitar a sobreprodución de plásticos…cun pequeno xesto contribúes directamente á mellora da calidade da túa contorna!

Anímate a participar e colabora co Medio Ambiente. Todos estamos no mesmo equipo!

PENSA EN VERDE E XOGRARÍZATE