Aquí tedes os vídeos de dúas coreografías de Acrosport que realizaron os alumnos/as de 1º de Bacharelato.
Aquí tedes os vídeos de dúas coreografías de Acrosport que realizaron os alumnos/as de 1º de Bacharelato.
Na semana do 19 ao 23 de maio o ximnasio do instituto quedouse “pequeño” nos recreos para acoller a tantos rapaces e rapazas que estiveron a practicar as coreografías de acrosport e as sesión de Merengue e Reguetón.
Novamente Lara Fonteboa (alumna do Ciclo de Atención a Persoas con Dependencia) dirixiu unha sesión, desta volta Merengue ao son da canción de Olga Tañón “Sola”. Aquí deixamos un titorial coa intención de que intentedes bailar na casa os que non puidechedes asistir.
Tamén Lara fixo de alumna, nesta ocasión Darisa Jimenes dirixiu unha coreografía, desta volta Reguetón ao son da canción do grupo Los Lunátikos “Siente el Ki”. Deixamos un vídeo.
Os leceres do Xograr continúan dando moito de sí. Se o mes de maio adicouse ao acrosport, en xuño estase a levar a cabo un Obradoiro de Bailes de Salón, no que están a participar numerosos alumnos. O pasado xoves o obradoiro contou coa colaboración de catro alumnos do centro, os cales, nun primeiro momento deixaron patente a súa maestría e posteriormente achegaron a súa afición a outros alumnos.
Aquí deixamos un video para os que non podestes acudir.