FESTIVAL FIN DE CURSO

O día 20 de xuño tivo lugar o festival de fin de curso, nel alumnos/as, profesores/as, persoal non docente e pais e nais dos rapaces disfrutamos dun fermoso espectáculo.

Lara Fonteboa (alumna do Ciclo de Atención a Persoas con Dependencia) e componente do dúo Novedad, deleitounos con dúas cancións. Rapazas de 2º, 3º e 4º de E.S.O realizaron unha coreografía montada por as irmás Ruth Darisa e Dara Emilia Jiménez Sánchez. Ese grupo de alumnas bailaron tamén cun grupo de profesores/as e alumnos do centro A Danza de Bruselas.

Por último na actuación final do festival bailamos conxuntamente profesores, alumnos e pais.

 Aquí deixamos os vídeos e felicitamos e agradecemos a todos os asistentes a súa participación.

Advertisement

TANGO E TECNO NO FESTIVAL DO DÍA DO LIBRO

Alumnado do noso IES preparou e ofreceu un espectáculo moi variado para conmemorar o día do libro (23 de abril). Entre as actuacións houbo un recital de poesía, cancións, un rap, unha dramatización ao son de Carmina Burana, proxeccións de traballos audiovisuais e bailes.

Alumnos/as de bacharelato atrevéronse a bailar un tango, a canción “Poema”, de Francisco Canero. Noraboa a Candela Rodríguez, Tania Rodríguez, Sabela Celeiro, Vanesa González, Lucía Valcárcel, Melina Iglesias, Milagros Izquierdo e Martín Pérez, así como a David Liz, Vítor Cela e Estefanía Expósito (que finalmente non poideron actuar pero que ensaiaron coma os demáis).

A parte marchosa da actuación e asemade o colofón final do festival foi a coreografía para a versión Tecno de “¿Qué es la vida?” de Calderón de la Barca (do grupo Martillo Vago). Foi imposible non bailar ao son de Yamalí de los Santos, Noelia López, Ruth Darisa Jiménez, Dara Jiménez, Nerea Cabanas, Ixchel Domínguez, Uxía Rodríguez, Denisse Martínez, Altagracia Peña, Anloiry Pérez y Yustin Rodríguez.
Pois amigos a vida, entre outras cousas, é disfrutar coa lectura e co baile.

Grazas por este fermoso espectáculo!!.

A continuación poñemos os vídeos destas dúas actuacións: