RAP DO XOGRAR

 

 O alumno do ciclo de Atención a persoas con dependencia David Vázquez Batán, coñecido polo seu nome de batalla “El Baty”, animouse a crear o Rap do Xograr. Outros rapaces que colaboraron aportando ideas foron os alumnos da E.S.O David Rodríguez González e Wilton Felipe De Sousa Barbosa. Grazas a todos e ahí vai o audio “ XogRap” editado polo noso orientador Evaristo Pardeiro.

RAP DO XOGRARRAP 1º CICLO

Advertisement

QUERES FACER ALGO ESPECIAL?

imagenTemos un proxecto novo para ti. Queremos crear o RAP do Instituto. Xa temos a base rítmica, a música, fáltanos a letra e queremos que a poñades vós.

Crea un lema que teña que ver co Xograr, faino en grupo ou de maneira individual, se queres acompáñao de xestos e movementos.

Temos quince días para crear un viodeoclip entre todos. Aporta a túa idea, fala con Susana (profesora de Música) ou con Sonia (profesora de Educación Física) e anímate a participar.

   Eu son do Xograr e gústame Rapear!!!!

SE QUERES, PODES DESCARGAR O CARTEL :RAP DO INSTITUTO

 

TANGO E TECNO NO FESTIVAL DO DÍA DO LIBRO

Alumnado do noso IES preparou e ofreceu un espectáculo moi variado para conmemorar o día do libro (23 de abril). Entre as actuacións houbo un recital de poesía, cancións, un rap, unha dramatización ao son de Carmina Burana, proxeccións de traballos audiovisuais e bailes.

Alumnos/as de bacharelato atrevéronse a bailar un tango, a canción “Poema”, de Francisco Canero. Noraboa a Candela Rodríguez, Tania Rodríguez, Sabela Celeiro, Vanesa González, Lucía Valcárcel, Melina Iglesias, Milagros Izquierdo e Martín Pérez, así como a David Liz, Vítor Cela e Estefanía Expósito (que finalmente non poideron actuar pero que ensaiaron coma os demáis).

A parte marchosa da actuación e asemade o colofón final do festival foi a coreografía para a versión Tecno de “¿Qué es la vida?” de Calderón de la Barca (do grupo Martillo Vago). Foi imposible non bailar ao son de Yamalí de los Santos, Noelia López, Ruth Darisa Jiménez, Dara Jiménez, Nerea Cabanas, Ixchel Domínguez, Uxía Rodríguez, Denisse Martínez, Altagracia Peña, Anloiry Pérez y Yustin Rodríguez.
Pois amigos a vida, entre outras cousas, é disfrutar coa lectura e co baile.

Grazas por este fermoso espectáculo!!.

A continuación poñemos os vídeos destas dúas actuacións: