FESTIVAL FIN DE CURSO

O día 20 de xuño tivo lugar o festival de fin de curso, nel alumnos/as, profesores/as, persoal non docente e pais e nais dos rapaces disfrutamos dun fermoso espectáculo.

Lara Fonteboa (alumna do Ciclo de Atención a Persoas con Dependencia) e componente do dúo Novedad, deleitounos con dúas cancións. Rapazas de 2º, 3º e 4º de E.S.O realizaron unha coreografía montada por as irmás Ruth Darisa e Dara Emilia Jiménez Sánchez. Ese grupo de alumnas bailaron tamén cun grupo de profesores/as e alumnos do centro A Danza de Bruselas.

Por último na actuación final do festival bailamos conxuntamente profesores, alumnos e pais.

 Aquí deixamos os vídeos e felicitamos e agradecemos a todos os asistentes a súa participación.

Advertisement

Concurso Clases sen fume

As clases de primeiro e segundo de ESO estiveron traballando intensamente para participar no concurso organizado pola Consellería de Sanidade  Clases sen fume. O resultado foron  uns excelentes vídeos -na nosa opinión- que non debemos mostrarvos ata que se falle o concurso.
Para abrir boca, deixamos algunha foto do seu contido.