CONMEMORANDO A SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

A Semana Europea da Mobilidade é unha campaña de concienciación dirixida a sensibilizar aos cidadáns en canto ao uso do transporte público, en bicicleta e peonil e a animar ás cidades europeas a que promovan estes modos de transporte e a que invistan nas novas infraestruturas necesarias para isto.

O IES Xograr segue firme no seu compromiso coa educación ambiental e coa promoción da saúde.

Cambiar o mundo comeza cun só golpe de pedal!

INICIAMOS O CURSO E CONTINUAMOS CO PLAN DE MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

Comezamos o curso escolar 2021-22 con moita ilusión e con novas propostas para manter e mellorar a nosa saúde e coidar do Medio Ambiente.

Neste curso daremos continuidade á campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!” e combinaremos as propostas de desprazamentos activos ao centro con outras actividades sostibles.

A mellor forma de empezar é conmemorar a Semana Europea da Mobilidade sostible. Deste xeito, tódolos alumnos/as, profesores/as e persoal de servizos do centro que veñan nesta semana en bicicleta ao instituto recibirán un agasalllo.

Coidemos da nosa saúde e da saúde do Medio Ambiente!

semana-europea-movilidad-2021