Froitas tamén en xuño

Para despedir  o Plan de Consumo de froita, a semana pasada, tivemos no hall á nosa disposición mazás, plátanos, pexegos, cereixas e amorodos. Coma sempre, co noso cartel personalizado: esta vez con Miriam e Cristina que se prestaron a facer a foto na semana do mes de maio. Aínda que os destinatarios deste Plan son os alumnos e alumnas da ESO, vemos nas fotos a algún alumno de 2º de bacharelato que repoñía forzas para preparar as PAU, e algún profe que non se poido resistir…(hai máis pero non queren saír na foto).

Desexamos repetir o vindeiro curso!!

TERCEIRA SEMANA DO PLAN DE CONSUMO DE FROITAS

O pase de diapositivas require JavaScript.

Rematou a terceira semana do Plan de Consumo de Froitas. Esta semana disfrutamos de amorodos ( os que máis éxito teñen), mazá, melón, pexego e plátano. Como ven sendo habitual deixamos unha galería de fotos do noso alumnado disfrutando no lecer.

E por suposto, continuamos coa proposta de lecturas de libros que leven a froita no seu interior…

 

FROITAS NO MES DE ABRIL

Durante a semana do 7 ao 11 de abril, tivemos de novo a oportunidade de consumir froita fresca nos recreos.  Nesta ocasión, decidimos achegarnos ata a cociña para ver como alumnos de distintos grupos, lavan, cortan e preparan as froitas, para que ao salir ao recreo estean listas para comer.

Esta semana disfrutamos de amorodos, plátanos, mazás, melón e mandarinas. Ademais seguimos suxerindo, libros relacionados coas froitas.

Deixámosvos algunhas imaxes:

O pase de diapositivas require JavaScript.








Enquisa: Plan de consumo de froitas nas escolas

Como sabedes, no curso 2012/13 nos incorporamos ao Plan de consumo de froitas nas escolas  que, subvencionado con fondos europeos, pretende incidir nos bos hábitos alimentarios do alumnado de ESO.

A través da seguinte  enquisa, queremos coñecer a túa opinión sobre esta iniciativa.

Resposta as preguntas propostas. Algunhas  son para valorar de 1 a 5 ,  sendo 1 o mínimo e 5 o máximo. Outras son para respostar sen máis.

Enquisa

Grazas pola túa colaboración.

Que se acaban!

Nesta  primeira semana de xuño,  ao saír ao recreo, ímonos preguntando: que froita tocará hoxe?
Puidemos gozar de melón, mazá, pexego fresas e cereixas. Todas moi apetecibles para repor forzas en épocas de exames finais. Pero tiñamos que darnos présa porque enseguida acabábanse!!!
Agora que remata o Plan de consumo de froita nas escolas, queremos agradecer a todos a colaboración: lavando e preparando as froitas, facendo fotografías, carteis, mantendo limpo o centro…

Tamén en Maio temos froita no recreo

A semana pasada de novo distribuíuse froita de tempada entre o alumnado do “Xograr”.  Nesta ocasión puidemos gozar de amorodos,  melón,  mazá, pexego e plátano.
Moitos dos nosos alumnos, como podemos ver nas imaxes,  substituíron a bollería industrial por estas saudables tentacións.

Queremos dar as gracias as nosas repoteiras Luissanna y Cacielly de 4º de ESO e a todo o alumnado que  posou para nós.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Froitas no mes de abril

A semana do 15 ao 19 de abril volvemos gozar do Plan de Consumo de Froita fresca. Como se ve no cartel que anuncia a semana, durante os recreos, puidemos consumir distintas variedades de froita de tempada como fresas, mazás, melón, plátanos e nísperos -que algúns probamos por primeira vez-.

O alumnado participou activamente, lavando e cortando a froita ,  levándoa ao recibidor, e sobre todo comédendoa!!!

De novo, foi un todo un éxito. Nas fotografías, vemos mesmo a un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato que aproveitaron o cambio de clase para recuperar forzas antes da última hora.

Todo un éxito!

Despois das fresas, no  Xograr,  gozamos de plátanos,  kiwis, mazás e laranxas á hora do recreo. Un pracer, coa fame que temos a esas horas e o ricas que están. Sobre todo as mazás,  ao dez minutos houbo que repoñelas!!!
Pero non todo é comer: en clase investigamos cales son as froitas de tempada, as súas propiedades nutritivas… Deixámosvos como mostra,  imaxes dos murais realizados por alumnos de diversificación curricular.
Hai que agradecer a implicación do alumnado para preparar a froita, e o traballo do equipo de reporteiras de 2º ESO A.

Hoxe no recreo….amorodos!

Durante esta semana, o Xograr Afonso Gómez distribúe de forma gratuíta distintos tipos de froitas (fresas, plátanos, laranxas, mazás e kiwis) durante os recreos. Esta iniciativa do Centro, que busca potenciar hábitos alimenticios saudables, enmárcase dentro do “Plan de consumo de froita nas escolas” impulsado polo Fogga (Fondo Galego de Garantía Agraria) e financiado pola Unión Europea. O obxectivo deste programa é potenciar o consumo de froitas entre o alumnado levando a cabo acciones educativas destinadas a manter e fomentar o consumo de froitas.

Na súa posta en marcha participa un numeroso grupo de alumnos, que coordinados pola vicedirección e o departamento de Ciencias Naturais, e despois de elaborar fichas informativas coas propiedades nutricionais dos produtos, lavan, preparan e reparten a froita.

Non hai nada mellor para promocionar o consumo  de froita nas escolas que poder comela á hora do recreoCo rica que está e a fame que temos a esas horas!
Hoxe, no Xograr tiñamos amorodos , e pola cara que ten todo o mundo, debían estar ben boas. Ou non?

O pase de diapositivas require JavaScript.

Ademais nas aulas estanse levando a cabo traballos para coñecer as propiedades da froita e promocionar unha alimentación saudable. Xa vos iremos contando.