COMEZAN AS VACACIÓNS!

Hoxe remata un curso moi intenso e, tamén hai que dicilo, complexo polas dificultades xurdidas pola pandemia. Tamén hai que dicir que a bici axudounos a superalas.

Agora soamente queda desexarvos unhas boas vacacións, animarvos a usar a bicicleta durante o verán e darvos un consello, collades o camiño que collades non esquezades o casco. Ata o ano!

Para rematar aqui deixamos o enlace para que escoitedes o último programa de radio escolar deste curso, nel podedes escoitar información do proxecto de Mobilidade Sostible e Segura (información sobre as actividades realizadas polo Día da Bicicleta, entrevistas,…) https://www.ivoox.com/radio-xograr-2020-2021-9-audios-mp3_rf_71987840_1.html no minuto11:40 podedes escoitar á Subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez, falando do proxecto. Tamén entre os minutos 35:05 e 38:30 aos nosos padriños deste mes coas súas mensaxes e a un alumno de 1º da ESO contando a súa experiencia na campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”. Que disfrutedes. Bo verán!

Advertisement

ÁLVARO ILLOBRE PADRIÑO DE “EN BICI AO XOGRAR. ANÍMATE A PEDALEAR!”

O deportista paralímpico Álvaro Illobre é o noso derradeiro padriño deste ano. Álvaro, natural de Ares, participou en dúas Paraolimpiadas, nas de Sidney de 2000 e nas de Pekín de 2008 na modalidade de tenis.

Álvaro é un excepcional deportista, de cativo competiu en baloncesto en cadeira de rodas, logo destacou no tenis adaptado e na actualidade tamén participa en Triatlón.

Persoa xenerosa e comprometida, Álvaro xa colaborou con nós noutras actividades e non deixou pasar esta oportunidade para enviarnos a súa mensaxe. Grazas por todo!

Aquí tedes a súa mensaxe: https://es-es.facebook.com/iesxograr/videos/536760707357563/

A TVG INTERÉSASE POLA CAMPAÑA “EN BICI AO XOGRAR. ANÍMATE A PEDALEAR!”

Reporteiros da Televisión de Galicia viñeron ao centro e fixeron unha conexión en directo. Entrevistaron a varios alumnos e alumnas e tamén a varios profesores.

Podedes ver aos nosos ciclistas na introducción do programa e a partir do minuto 19.
‘Cambiar o mundo comeza cun só golpe de pedal’

Aquí tedes o enlace para velo: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-5172878?t=74

A EXPERIENCIA DE MOBILIDADE SOSTIBLE DO IES XOGRAR NA RADIO GALEGA

O programa da Radio Galega “Galicia por Diante” organizou unha tertulia arredor da bicicleta e do cambio modal de mobilidade que está a acontecer en Galicia. Unha voz desde A Coruña, outra desde Vigo e outra desde Sarria. Unha representante de Vigo Ciclable, un representante da tenda de bicis máis grande de A Coruña e unha representante do noso centro. Tres visións de tres ámbitos ben distintos e entre eles a Campaña En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!.

Podedes escoitar o programa desde o minuto 40.

CONMEMORANDO O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Coma non pode ser doutro modo, a campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!” quere lembrar neste día o poder da bicicleta para coidar o Medio Ambiente. Este medio de transporte que tanto nos gusta non é contaminante, é dicir transporte de cero emisións. Non soamente iso, a bici é silenciosa, non xera ruidos e non produce contaminación acústica.

En resumo, usar a bici é sinónimo de dicir cero emisións e polo tanto, cero agresións.

O mellor modo de reflexalo foi a creación do lema NO OIL coas nosas bicis.

Outro modo de conmemorar este día foi reflexionar sobre o sentido dos lemas dos aparcabicicletas:

“Cambiar o mundo comeza cun só golpe de pedal”

“Conduce a túa vida,

por unha senda segura,

pedalea con soltura

e desfruta da aventura”

O alumnado de 3º da ESO, coa profesora Ana Belén Durán realizou traballos para apoiar a nosa campaña… Grazas a tod@s!

Tamén deixamos aqui o enlace do programa de Radio escolar para que escoitedes a información do proxecto de Mobilidade Sostible e Segura. Temos os audios das madriñas do mes máis unha entrevista a un dos alumnos participantes. Este enlace corresponde ao programa do mes de maio https://www.ivoox.com/radio-xograr-2020-2021-8-audios-mp3_rf_70984054_1.html

CONMEMORANDO AO GRANDE O DÍA INTERNACIONAL DA BICICLETA

No IES Xograr Afonso realizamos unha serie de actividades diferentes para conmemorar un día tan especial. Nun acto ao que acudiron numerosos persoeiros (estiveron representados o Concello, a Xunta, a Deputación, a Subdelegación do Goberno, a Federación Galega de Triatlón, o Servizo Provincial de Deportes, a Xefatura provincial de Tráfico, etc) fíxose pública a adhesión do Concello de Sarria e do noso IES ao programa Europeo Stars de Mobilidade sostible. Somos o primeiro centro educativo da provincia e o primeiro concello que o fai.

Nese acto houbo agasallos para o alumnado e os membros da comunidade educativa que participaron máis activamente no programa, sorteos de agasallos doados por entidades colaboradoras, inaugurouse unha exposición tanto física coma fotográfica, sobre o mundo da bici e presentouse o padriño do acto.

Na prensa pode verse un resumo dos actos levados a cabo.

https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/xograr-es-pionero-unirse-plan-europeo-movilidad-sostenible/202106031329341506616.html

https://galiciaxa.com/2021/06/sxa-es/zonas-sxa-es/sarria-sxa-es/96829/?lang=es

LITUS PADRIÑO DE EXCEPCIÓN NO DÍA INTERNACIONAL DA BICICLETA

Este polifacético artista, cantante, compositor, músico, actor de musical, de teatro, showman televisivo e Voz cantante da banda televisiva de Late Motiv (programa de Andreu Buenafuente) é o noso padriño da Campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”

Litus entre outros recoñecementos contou con dúas candidaturas aos Premios Goya 2008-2009 (mellor canción e mellor música orixinal), e unha nominación como mellor disco do ano por Radio 4 (2010). Pois este excepcional artista únese ao noso proxecto, dándolle un toque marabilloso co seu tema “Pedalear”, unha fermosísima canción.

Se o noso proxecto se caracteriza por tres eses: Saúde, Seguridade e Sostenibilidade, Litus ven a aportarlle unha cuarta ese, Sensibilidade.Se queredes escoitar o seu tema completo:  https://youtu.be/Gi2CozcvAno

Aquí podedes ver a súa mensaxe https://es-es.facebook.com/iesxograr/videos/1208585716252776/?t=53

Qué máis se pode pedir?
Mil grazas Litus, pedalearemos xuntos!

Por último, aquí deixamos o enlace ao programa de Radio Xograr de maio para que escoitedes a iformación relativa ao noso proxecto de Mobilidade sostible https://www.ivoox.com/radio-xograr-2020-2021-8-audios-mp3_rf_70984054_1.html