FAI A COMPRA LENDO O ETIQUETADO E NON ESQUEZAS LEVAR A TÚA BOLSA AO SUPERMERCADO

O reto de marzo está en marcha….Sabes realmente o que estás a mercar cando escolles un produto no supermercado? En que baseas a túa elección? Consideramos moi importante recalcar a importancia de ler detidamente o etiquetado daquelo que consumimos…prestando atención á súa  composición e calidade dos ingredientes, á súa procedencia, á data de caducidade, ó prezo, etc. Non te deixes enganar pola publicidade, que non escollan por ti! Ti decides que consumes!!

Ademais recorda o aprendido ata agora…non so é fundamental reciclar, tamén é necesario reducir o consumo de produtos contaminantes: se levas a túa bolsa ao supermercado farás unha compra máis sostible, aforrarás cartos e axudarás a evitar a sobreprodución de plásticos…cun pequeno xesto contribúes directamente á mellora da calidade da túa contorna!

Anímate a participar e colabora co Medio Ambiente. Todos estamos no mesmo equipo!

PENSA EN VERDE E XOGRARÍZATE

 

 

O ENTROIDO SÚMASE AO PROXECTO ESCOLA VERDE

O proxecta Escola Verde impregna tódalas actividades realizadas no centro e o Entroido non pode ser menos. Por este motivo o Entroido deste ano terá como temáticas:  SAÚDE, ECOLOXÍA, NATUREZA, RECICLAXE.

CARTEL ENTROIDO

Valoraráse a reutilización de materiais e a mensaxe en defensa da natureza.

Animádevos a participar!

 

ALMORZOS SAUDABLES, SEN ALUMINIO E EN ENVASES REUTILIZABLES!

Aquí tedes o reto para o mes de febreiro, “Almorzos saudables, sen alumnio e en envases reutilizables”

No noso día a día non adoitamos ser conscientes da gran cantidade de residuos que xeramos en actividades tan cotiás como comer un bocadillo ou beber un grolo de auga. Este tipo de actividades diarias implican o uso de gran cantidade de envases e produtos «de usar e tirar». Claros exemplos son o papel de aluminio que envolve as nosas merendas e as botellas de auga que tomamos a media mañá.

Dende o IES Xograr Afonso Gómez propoñemos como reto para febreiro facernos con envases reutilizables para traer cada día o almorzo ao instituto. Poden ser envases propiamente destinados a este fin ou calquera outro reutilizado. Deste xeito, contribuímos ao aforro de recursos e á protección do medio ambiente.

 

 

O RETO DE XANEIRO VAI POLO BO CAMIÑO!

No marco do Plan Proxecta Escola Verde, o IES Xograr Afonso Gómez propuxo como reto para o mes de xaneiro a elaboración de colectores de reciclaxe para as aulas. Deste xeito, preténdese contribuír á boa xestión dos residuos dende todos os recunchos do centro.

Aínda que o reto foi proposto á volta de vacacións, o alumnado de 1º ESO A púxose mans á obra e de contado creou os seus propios colectores. Agardando poder presentarvos todos os demais, aquí vos deixamos unha mostra do gran traballo que realizou este grupo.

 

No programa de radio desta semana publicítase o reto:

https://www.ivoox.com/radio-31-01-20-audios-mp3_rf_47282940…

podesdes escotalo no minuto 16:50 segundos.