EDUCACIÓN VIAL CON “STOP ACCIDENTES”

Xornada intensa de formación en Educación Vial a que tivemos no instituto ao longo de toda a mañá. O alumnado da ESO e de BAC recibiu información teórica sobre a normativa aplicable aos condutores de bicis e patinetes eléctricos e tamén a nosa responsabilidade coma peóns e como usuarios da vía pública. Unha sensibilización sobre as consecuencias das condutas imprudentes ao volante ou coma peóns ao cruzar a calzada.

Un grupo da ESO puido gozar dunha sesión práctica coas bicicletas.

Deixar un comentario