Taller de reparacións básicas e técnica sobre a bicicleta

Onte tivemos a gran sorte de contar con Marta Barbeito, técnica da Federación Galega de Triatlón. Da súa man aprendimos un montón de cousas a nivel teórico e práctico. Cousas de mecánica, de seguridade, de mantemento, de limpeza e de condución da bicicleta.

Marta explicounos a diferenza entre os freos de zapatas e os de disco, as diferentes medidas dos cadros e das rodas, os tipos de bicicletas, a que altura debe ir o sillín, como reparar un pinchazo,…

Recalcou a importancia de levar o casco ben atado, de gardar a distancia de seguridade, de comprobar o estado da bici, de respectar as normas de circulación e de facernos visibles cando haxa pouca luz, entre outras cousas.

Na parte práctica fixemos moitos xogos de habilidade sobre a bici, zigźags, carreiras de tartarugas, recollida de obxectos, acrobacias,…

E ademáis tíñanos preparadas varias sorpresas, desde agasallos para os participantes, ata unha mensaxes dun triatleta moi querido por mós, Iván Cáceres (ex-alumno do noso centro).

En resumo, unha sorte e un auténtico luxo contar con Marta para formarnos.

Agora toca poñer todo isto en práctica.

Grazas á Fegatri e a Marta Barbeito!

SEBASTIÁN MORA E ALBERT TORRES PADRIÑOS DE “EN BICI AO XOGRAR. ANÍMATE A PEDALEAR!”

Hoxe os nosos padriños son dous excepcionais deportistas, claro exemplo do que é facer un bo traballo de equipo.
Os actuais campións de Europa de Madison (proba de persecución en pista), xa foron os mellores nesta modalidade nos Europeos de 2015 e 2016. Forman unha gran parella, Olímpicos, membros do equipo nacional de ciclismo en pista e compañeiros do equipo Movistar.
Sebastián Mora ademais é o actual campión de Europa de puntuación. Xa ten cinco ouros continentais.
Albert Torres tamén acadou grandes logros, campión do Mundo de Madison en 2014, posúe cinco campionatos de Europa en pista e participou no Giro de Italia a tempada pasada.
Grazas aos dous polo seu apoio á nosa campaña de mobilidade sostible e segura!

https://es-es.facebook.com/iesxograr/videos/501119434594375/

PUBLICADA A REPORTAXE DA FUNDACIÓN TIC DA DEPUTACIÓN E TRAMITADA A ALTA NO PROXECTO EUROPEO STARS DA DGT

O servizo de audiovisuais da Deputación provincial publicou hoxe un vídeo resumo da nosa campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”. Aquí o tedes.

https://es-es.facebook.com/servizosaudiovisuais/videos/143322811130840/

Grazas por esta bonita reportaxe!

Tamén, e non menos importante, tramitamos a alta do centro no proxecto Europeo Stars (Acreditación e Recoñecemento de Desprazamentos Sostibles para Colexios) https://starsespaña.dgt.es/

CAL É O CUSTO COMPARATIVO DA BICI E DO COCHE PARA A SOCIEDADE?

A bicicleta non só é o vehículo de cero emisións por excelencia, os seus beneficios van moito máis aló.

Moverse en bicicleta supón unha actividade física moderada que produce unha mellora da nosa saúde.

Desprazarse en bicicleta significa reducir a contaminación acústica de maneira significativa.

Utilizar a bici supón aforro de tempo, evitarás embotellamentos e perdas de tempo na busca de aparcamento.

O uso da bici aporta autonomía, deixarás de depender do transporte público, doutros condutores…

Conducir unha bici supón un aforro económico automático e importante fronte a un coche ou calquera vehículo a motor.

Usar unha bici é un acto de inclusión, farás comunidade, a bicicleta fai unión na pescuda da sustentabilidade e na mellora da nosa contorna e da nosa sociedade.

En canto ao custo, diferentes estudos amosan o beneficio económico e  ecolóxico de usar a bici e deixar o coche no garaxe. Por exemplo, según un estudo danés cada kilómetro realizado en coche supón un custo para a sociedade de 3 céntimos de euro; mentres que realizar ese mesmo kilómetro en bicicleta supón un aforro para a sociedade de 42 céntimos de euro.

A Agencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) elaborou un gráfico no que podemos comprobar a pegada de CO2 de cada medio de transporte; en concreto, os gramos de CO2 que corresponden por pasaxeiro e por kilómetro en cada un dos medios de transporte principais, e que son causantes do efecto invernadoiro.

Qué medio de transporte contamina máis? Coche, autobús, avión, barco…

E agora… que medio elixes para viaxar?

Lembra a nosa proposta… por un mundo máis sostible, por mellorar a túa saúde, por solidariedade co Medio Ambiente, por un transporte con cero emisións, por sentirte mellor.

Para que todo vaia sobre rodas!

Únte a campaña “En biici ao Xograr. Anímate a pedalear!”

ANXO MOURE PADRIÑO DE “EN BICI AO XOGRAR. ANÍMATE A PEDALEAR!”

O amigo da natureza Anxo Moure é o noso padriño desta quincena.

Anxo é membro de Bicis pola Paz, unha ONG de Chantada que reivindica, tomando coma eixo as bicicletas, un modelo de desenvolvemento sostible  e respectuoso co Medio Ambiente. Desde esa ONG teñen doado bicicletas a máis de trinta países de America Latina, África e Asia para fomentar  o transporte ecolóxico e para axudar nas comunidades máis desfavorecidas a profesores, carteiros, médicos…

Anxo é escritor e contacontos pero sobre todo ecopacifista, aquí podedes  escoitar a mensaxe de promoción do uso da bicicleta que nos dedica.

Coma dí Anxo: “Unha bici pode cambiar o mundo”.

REPORTAXE DA FUNDACIÓN TIC DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL

O xoves día 8 de abril tivemos a visita de periodistas do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.

Entrevistaron a profesorado e a alumnado participante na campaña “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!”. Filmaron varias tomas nas nosas instalacións e xa estamos desexando ver a reportaxe.

Grazas a Deputación por darlle publicidade ao proxecto de Mobilidade sostible e segura.

https://www.facebook.com/servizosaudiovisuais/?hc_ref=ART7criwZAU_ZU6hf1HO0wG-53C_0QhNL4akukLxjaU0UUSrnXGCHjy9gu9MHTJLOp0&fref=nf&__tn__=kC-R

RECIBINDO VARIOS PERCORRIDOS (TRACKS) E VÍDEOS DO ALUMNADO TRANSPORTADO

Alumnos e alumnas do centro que non poden vir a diario ao instituto por utilizar o transporte escolar, por vivir nos arredores ou por outros motivos, xa están a enviarnos percorridos feitos en fin de semana.

Aquí deixamos algún, un é no Monte Santa Cristina preto de Sarria e outros son no Incio. Estes últimos percorridos foron feitos por alumnado de 2º de Bacharelato Tomás, Urko e Unai. Tamén deixamos un vídeo dun descenso feito por Brais López Vilar no Monte Santa Cristina, este alumno forma parte do Club Dgh Team de Sarria e outro feito por Antoni na escalinata de Sarria.

https://drive.google.com/file/d/18q4S322UgWl4Ixp8mrDR2jyTkGEILY8X/view?usp=sharing