ENTREGADOS OS PREMIOS DAS “AULAS XEITOSAS”

Un ano máis continuamos co programa  “Coidemos o noso centro” e dentro del lanzamos o concurso Aulas Limpas para o alumnado da ESO.

Este concurso consiste no traballo conxunto do persoal de limpeza, profesorado e alumnado do instituto para manter as instalacións limpas e ordenadas. Así, día a día os/as limpadores/as avalían o estado de orde e limpeza de cada aula e ao remate do trimestre emiten o seu veredicto. Deste xeito as aulas premiadas en decembro do curso 2019-20 foron 3º de ESO B e 2º de ESO A.

O grupo clase recibiu un diploma para a clase e cada alumno/a máis o titor/a foron obsequiados con agasallos para reforzar e motivar a súa concienciación ambiental. Traballar nun ambiente agradable mellora o clima de clase, a convivencia e axuda a manter en boas condicións o espazo que compartimos. Grazas á colaboración inestimable de SOGAMA por axudarnos e apoiarnos en cada iniciativa que lanzamos.

Noraboa!!!

Diploma:    diploma aulas limpas

XOGRARÍZATE, PENSA EN VERDE

Dende o Ies Xograr Afonso Gómez queremos dar un paso máis no noso compromiso co coidado do medio ambiente e este curso iniciamos o Plan Proxecta Escola Verde.
Nos últimos anos puxemos en marcha pequenos proxectos que tiveron coma finalidade conquerir una concienzación da comunidade educativa tentando ser un grupo responsable e unido cara ao coidado dos nosos espazos e instalacións. Este traballo constante permitiulle ao IES Xograr Afonso Gómez conseguir o Premio Ecovaledor concedido pola entidade SOGAMA en xuño do 2019:
http://www.sogama.gal/es/noticia/el-presidente-de-sogama-entrega-al-ies-xograr-afonso-g%C3%B3mez-de-sarria-el-premio-ecovaledor
Durante o curso actual manteranse vivos algúns de ditos proxectos e levaranse a cabo outras propostas novas. Así, tentarase traspasar os muros do centro a través do coidado e mantemento dos espazos verdes lindeiros e da promoción de hábitos e actitudes compatibles coa protección do medio ambiente dende os fogares. O protagonismo recaerá sobre o alumnado, actuando o equipo docente como facilitador e guiador das distintas actividades.
Consideramos que un incremento da conciencia ambiental colectiva redundará moi positivamente nas relacións persoais e no fomento da empatía entre os membros da comunidade educativa. A través deste proxecto tamén se pretende que as aprendizaxes adquiridas relacionadas coa mellora da orde e limpeza das instalacións do centro sexan transferidas á vida familiar e social.
En resumo, a finalidade deste proxecto é a creación dunha cadea solidaria co medio ambiente que una á counidade educativa do Ies Xograr Afonso Gómez e chegue máis aló.
Bríndasenos unha gran oportunidade, xa que somos un dos dez centros seleccionados en toda Galicia para desenvolver o Plan Proxecta Escola Verde. Non hai tempo que perder,….. en breve teredes información importante!!

 

Para comezar o xurado do concurso de Beléns valorará a utilización de productos de refugallo e a reciclaxe nos traballos presentados.

cartel Beléns