EDUCACIÓN VIAL CON “STOP ACCIDENTES”

Xornada intensa de formación en Educación Vial a que tivemos no instituto ao longo de toda a mañá. O alumnado da ESO e de BAC recibiu información teórica sobre a normativa aplicable aos condutores de bicis e patinetes eléctricos e tamén a nosa responsabilidade coma peóns e como usuarios da vía pública. Unha sensibilización sobre as consecuencias das condutas imprudentes ao volante ou coma peóns ao cruzar a calzada.

Un grupo da ESO puido gozar dunha sesión práctica coas bicicletas.

TRABALLOS SOBRE RUTAS BTT E RUTAS DE SENDEIRISMO ELABORADOS POLO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO

O alumnado de 1º de Bacharelato realizou unha serie de rutas a pé ou en bicicleta tras facer un traballo previo de investigación. Aquí seisamos algúns deles.

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/sarria-135008062

ENLACE DE LA RUTA REALIZADA:
https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/sarria-vilambran-136356474

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ainhoa-lopez-capellan-130608719

Tamen varios alumnso e alumnas enviaron os seus percorridos con outras aplicacións

CHARLA SOBRE CICLISMO DESDE DIFERENTES PERSPECTIVAS

Alumnado de distintos cursos da ESO asistiu a unha charla sobre ciclismo enmarcada dentro de Proxecto de Mobilidade sostible e segura que temos no instituto.
Ezequiel Mosquera (antigo ciclista e actual organizador de carreiras), Gustavo Veloso (antigo ciclista e actual director deportivo) e Delio Fernández (ciclista profesional
en activo), falaron da súa traxectoria persoal e responderon a todas as preguntas e curiosidades do alumnado.




ALUMNADO DO IES XOGRAR ANALIZA A CALIDADE DO AIRE

Un grupo de alumnos e alumnas do instituto están a realizar un estudo da calidade do aire, para iso colocaron tubos de mostras en distintos puntos da localidade e da contorna. Logo, unha vez recollidos serán enviados a analizar por un laboratorio. Os resultados serán presentados á comunidade educativa e no Concello. Esta actividade servirá para enriquecer o roxecto de mobilidade sostible e segura de xeito que tomemos conciencia da importancia de facer desrazamentos activos ao centro.

CHARLAS SOBRE PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DE TRÁFICO

Esta mañá, da man de AESLEME (Asociación pola prevención de accidentes de tráfico e ONG de atención a vítimas de accidentes.), o alumnado da ESO recibiu dúas charlas moi interesantes; “SEGURO POLA TÚA CIDADE” e “SE CONTROLAS VOLVES”. Son campañas de “Mobilidade segura e saudable”encamiñadas a que os mozos coñezan os riscos e as consecuencias dalgunhas condutas imprudentes e están enfocadas desde a empatía, a educación en valores e a resiliencia. Abordáronse temas moi interesantes relacionados coa Seguridade viaria: factores de risco (peóns, ciclistas, pasaxeiros, usuarios de ciclomotor, bicicleta ou patinete eléctrico) e medidas preventivas (uso de casco e cinto), actuación en caso de accidente e consecuencias dos accidentes entre outras.

COÑECENDO A MOVILIDADE ADAPTADA

Actividades para conmemorar o día internacional das persoas con discapacidade.

Este ano para conmemorar o 3 de decembro, unha data tan sinalada para nós, contamos con ENKI, unha asociación que traballa na construción dunha sociedade mellor incidindo na inclusión a través do deporte.

O alumnado da ESO puido realizar unha serie de actividades moi interesantes organizadas en forma de ximcana, e na que puideron experimentar os desprazamentos en bicicletas adaptadas. Unhas veces coma condutores e outras como pasaxeiros. Tamén desprazamentos en cadeiras de rodas. Unha xornada moi enriquecedora.

AS REDES SOCIAIS DA DXT PUBLICAN O RECOÑECEMENTO AO NOSO IES

A Dirección Xeral de Tráfico no seu canal de Twitter publicou a entrega da acreditación Stars por promover os desprazamentos sostibles ao IES Xograr Afonso Gómez.

LEMBRANDO NORMAS DE USO DO PATINETE ELÉCTRICO

Como xa sabedes, as normas de uso do patinete cambiaron hai uns meses, non está de mais refrescar a normativa e actualizar coñecementos.

Outro aspecto fundamental na seguridade é o casco. Sabes que requisitos debe cumprir un casco?

Para que esté homologado debe cumprir unha serie de características e adenáis debemos levalo ben posto. Dous dedos por enriba das cexas e ben atado, de forma que non se baixe.