Sabendo que o alumnado, dende que comeza a súa xornada diaria e ata que abandoa o instituto, pasa moitas horas sentado, os Departamentos de Música e Educación Física ofertan unha alternativa de ocio para ocupar os tempos de lecer de xeito máis activo, lúdico e saudable. Para elo, un grupo de alumnos (coordinados pola vicedirectora do centro) poñen música a través do fio musical do centro, nos tempos de lecer, que serve de soporte para levar a cabo distintas actividades coma: aprendizaxe e práctica de danzas do mundo, bailes de salón, rodaxe de videos musicais, montaxe de Coreografías e práctica de Aeróbic, Step, e outras actividades rítmicas.
Como mostra do traballo que se está a realizar deixamos un par de videos dos ensaios.
Xenial. Da gusto ver o traballo de grupo. Hai que mostralo o último día de curso a todo o instituto.