Agora que veñen as vacacións de Semana Santa é un bo momento para facer novas rutas e tamén, para ler e aprender novas cousas do apaixoante mundo das bicis.
Como aperitivo o alumno Diego Cela de 3º da ESO explícalle ao alumnado de 1º da ESO as partes fundamentais da bici. https://photos.google.com/share/AF1QipOK0w35bTqfwnistWnXZsFRBMu9FeolaBVYDj30go66Cmu2kBBO1P-Uhxtn2PXA6w/photo
https://photos.app.goo.gl/KbUM6jKHDAwqwYDC9
Temos a vosa disposición na biblioteca lecturas moi interesantes que podedes levar en préstamo e tamén tedes, desde hai días, unha presentación moi completa nos videomonitores do centro. Boas vacacións a tod@s!



Aquí deixamos a presentación:
https://drive.google.com/file/d/1Pfv1SR_gW4gOdE5JjqONZfE9Ez4_zA7L/view?usp=sharing
Aquí tamén podedes escoitar información do proxecto “En bici ao Xograr. Anímate a pedalear!” no programa de Radio escolar. Desde o minuto 26 con 20 segundos ata o minuto 27 con cincuenta.
https://www.ivoox.com/radio-xograr-2020-2021-6-audios-mp3_rf_67484874_1.htmlo


A maiores deixamos o enlace dunha entrevista feita ao noso director, José Manuel Valcarce na que fala do proxecto.
https://galiciaxa.com/2021/03/sxa/des-otros-sxa/69347/
Lembrámosvos que en Sarria e preto de Sarria temos lugares preciosos para desfrutar coa nosa bici o Pump Track,

e tamén temos no Monte de Santa Cristina sete descensos para facer Enduro
